lunes, 27 de febrero de 2023

Obradoiro de Gaitas

A rapazada de quinto quere #amosarte a visita ao obradoiro de gaitas Seivane. Aprendendo artesanía da man dos mellores expertos.

miércoles, 15 de febrero de 2023

San Valentín

A rapazada do Graxal anda a repartir amor. A rapazada dos acompañamentos lectores xuntánse para facer este podcast e compartir mensaxes de amizade e cariño.



martes, 14 de febrero de 2023

Olería #amosarte

 A rapazada de cuarto quere #amosarte como gozaron co obradoiro de olería.

A artesanía enche cada aula do Graxal formando parte dun proxecto feito a man feito con amor.



A Candeloria


 A rapazada de cuarto investigou sobre o cortexo dos paxariños. Queres coñecer cousas sobre as aves?... Pois escoita este marabilloso podcast. O San Valentín dos paxariños.


Ledicia Costas en Librolandia

 Ledicia Costas autora dos libros dos Minimortos, Escarlatina a cociñeira defunta e a Señorita Bubble visita Librolandia.

Deixouvos os exemplares dos Minimortos asinados e adicados podedes collelos nas sección de novidades da biblioteca.





lunes, 13 de febrero de 2023

RADIO CURUXA

Radio Curuxa está de volta!

Velaquí os primeiros Podcast da rapazada de terceiro A.



domingo, 12 de febrero de 2023

Formigas

 En Librolandia temos un formigueiro, a rapazada e o resto da comunidade educativa poderá facer o seguimiento do ciclo de vida das formigas.

Trátase dun formigueiro impreso en 3D de Proanthobby.

Coa axuda do novo microscopio dixital poderemos ver todo o proceso.

Dende Librolandia aportamos unha infografía sobre o noso formigueiro e os seus coidados e tarxetas con información do ciclo de vida.



Redeiras queren amosarte

Este mércores 8 de febreiro viñeron as redeiras de Corme a amosarnos o seu traballo
tradicional. Coas súas mans artesáns,o mesmo tecen aparellos de pesca que crean
artesanía ( bolsos, colares, pulseiras…) reciclando refugallos.
Coa súa fermosa fala, Rosa, Gloria e María, contáronos da súa loita polos dereitos como
traballadoras do mar, ao mesmo tempo que nos aprendían a coser redes e a recoñecer os
diferentes tipos de apeiros segundo o tipo de pesca.
Unha experiencia fantástica que encandilou á rapazada.




jueves, 9 de febrero de 2023

Teatro Titiritesa

 A mestra Lidia transformase en Titiritesa .

Unha animación lectora pola diversidade.


jueves, 2 de febrero de 2023

English Corner

 O English Corner volta á ubicación que tiña antes da pandemia. O profesorado de Inglés do centro está a colaborar con Librolandia na preparación deste novo espazo.

Mestres e alumnado poderán gozar coas lecturas en lingua inglesa ao longo da xornada escolar. 

No tempo de lecer acudirán mestres e alumnado experto a contar contos. 

Un espazo para todos.








miércoles, 1 de febrero de 2023

Quinto A por un planeta mellor

 A rapazada de quinto está moi comprometido co coidado do medio e coa axenda 2030 para un mundo mellor.