A Curuxa Catuxa preséntavos o novo blog de Librolandia, a biblioteca do Ceip Graxal, no que poderedes ver actividades, videos, contos e moitas máis cousas realizadas na biblioteca.
NOS COMEZOS DESTE MES, APROVEITANDO O AMBIENTE PROPIO DO SAMÍAN, TIVEMOS UN PEQUENO CICLO DE TERROR. DURANTE TRES DÍAS EN LIBROLANDIA PÚDOSE VISIONAR O FILM: THE GOONIES. O PRIMEIRO DÍA NON HABÍA DEMASIADO PÚBLICO PERO O TERCEIRO ENCHEMOS A NOSA BIBLIOTECA.
O PASADO MES, OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, TIVERON A SORTE DE PODER PROFUNDIZAR NA OBRA DE EDUARDO PONDAL SEGUINDO A SÚA RUTA A TRAVES DE FERMOSOS LUGARES CHEOS DE HISTORIA.
OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, TIÑAN GARDADA ESTA FERMOSA SESIÓN FOTOGRÁFICA DUNHA OBRA DE TEATRO QUE FIXERON A FINAIS DO CURSO PASADO SOBRE O QUIXOTE, PERO DÁNDOLLE O SEU PROPIO TOQUE.