martes, 23 de diciembre de 2014

SEGUINDO A PONDAL

AQUÍ TEDES UN FERMOSO VÍDEO ONDE PODEDES VER AS VIVENCIAS DOS ALUMNOS DE 4º SOBRE ESTA VIAXE A TRAVÉS DAS NOSAS RAÍCES.

http://youtu.be/PvtKJPxnDIE

domingo, 14 de diciembre de 2014

LIBROS PARA O NADAL

AQUÍ TEDES UNHA RELACIÓN DE LIBROS QUE TEMOS EN LIBROLANDIA SOBRE O NADAL. NON DUBIDEDES EN BUSCALOS PARA PODER GOZAR DA SÚA LECTURA NESTAS DATAS.
                            BO NADAL!!

miércoles, 10 de diciembre de 2014

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL

XA TEMOS AQUÍ A NOVA GUÍA DE LECTURA PARA ESTE NADAL. 




domingo, 7 de diciembre de 2014

DOUS INTERESANTES ARTIGOS SOBRE UNHA DAS NOSAS NOVIDADES DO MES DE OUTUBRO: 
"ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"


miércoles, 3 de diciembre de 2014

CONTACONTOS HANSEL E GRETEL

AQUI TEDES AS FOTOS DO CONTACONTOS QUE REPRESENTARON A SEMANA PASADA OS ALUMNOS DE 4º.

martes, 25 de noviembre de 2014

CONTO-DRAMA:" HANSEL E GRETEL"

O VINDEIRO VENRES EN LIBROLANDIA, ALUMNOS DE 4º DRAMATIZARAN O CONTO DE HANSEL E GRETEL. 
"RECORDA": VENRES NA HORA DO RECREO EN LIBROLANDIA.

lunes, 24 de noviembre de 2014

CICLO DE CINE DE TERROR: THE GOONIES

NOS COMEZOS DESTE MES, APROVEITANDO O AMBIENTE PROPIO DO SAMÍAN, TIVEMOS UN PEQUENO CICLO DE TERROR. DURANTE TRES DÍAS EN LIBROLANDIA PÚDOSE VISIONAR O FILM: THE GOONIES. O PRIMEIRO DÍA NON HABÍA DEMASIADO PÚBLICO PERO O TERCEIRO ENCHEMOS A NOSA BIBLIOTECA.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

SEGUINDO A RUTA DE PONDAL

O PASADO MES, OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, TIVERON A SORTE DE PODER PROFUNDIZAR NA OBRA DE EDUARDO PONDAL SEGUINDO A SÚA RUTA A TRAVES DE FERMOSOS LUGARES CHEOS DE HISTORIA.

lunes, 17 de noviembre de 2014

OUTRO FINAL PARA O QUIXOTE

OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, TIÑAN GARDADA ESTA FERMOSA SESIÓN FOTOGRÁFICA DUNHA OBRA DE TEATRO QUE FIXERON A FINAIS DO CURSO PASADO SOBRE O QUIXOTE, PERO DÁNDOLLE O SEU PROPIO TOQUE.

domingo, 16 de noviembre de 2014

AXENDA CULTURAL NOVEMBRO

CONTACONTOS DE PAULA CARBALLEIRA
NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE
19, 20 E 21 DE NOVEMBRO.


domingo, 26 de octubre de 2014

O Moucho Leroucho

Esta semana volve a visitarnos o Moucho Leroucho,  o martes 28 e o mércores 29 os nenos e nenas de Infantil e de 1° de Primaria poderan pasalo moi ben con novas historias do Moucho. 

miércoles, 15 de octubre de 2014

O 24 DE OUTUBRO É O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, PARA FESTEXALO A CURUXA CATUXA INVÍTANOS A UN OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS QUE TERÁ LUGAR EN LIBROLANDIA OS DÍAS 23 E 24 DE OUTUBRO.
NON O PERDAS!!!



NOVO RECORDATORIO

NESTE CURSO IREMOS RENOVANDO OS RECORDATORIOS QUE CADA LIBRO LEVA NA PRIMEIRA PÁXINA PARA SABER CANDO O TEÑEN QUE TRAER DE VOLTA. ADEMÁIS NESTE RECORDATORIO VEÑEN ESCRITAS ALGUNHAS DAS NORMAS  QUE DEBEMOS TER EN CONTA CANDO LEVAMOS PRESTADO UN LIBRO.

martes, 16 de septiembre de 2014

CANTOS CONTOS CONTAMOS!!!

Neste novo curso desde LIBROLANDIA, propoñemos a toda a comunidades educativa un novo tema:"CONTOS".
Para comezar, recomendámosvos o enlace que temos no blogue a "CONTOS PARA VER E LER" onde poderedes gozar dun montón de vídeos e actividades dun montón de contos.

lunes, 15 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

COMEZA UN NOVO CURSO E LIBROLANDIA ABRE AS SÚAS PORTAS.
  HOXE DIA 15 LIBROLANDIA VOLVE A PORSE EN MARCHA PARA QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO GRAXAL POIDAN GOZAR  DE NOVAS LECTURAS.

martes, 10 de junio de 2014

"ALBORADA" DE ROSALIA DE CASTRO

CON MOITO RITMO E ESTUSIASMO OS NENOS E NENAS DE 4º FIXERON UNHA FERMOSA E DIVERTIDA ADAPTACIÓN DO POEMA "ALBORADA" DE ROSALIA DE CASTRO.

martes, 3 de junio de 2014

Grazas ao proxecto "ARTE NA ESCOLA" no que participou este centro, os nenos e nenas de varios cursos de infantil e primaria disfrutaron cas explicacións e ilustracións de Xosé Cobas.

VISITA ANXO FARIÑA

Os nenos e nenas de 5º tiveron a sorte de contar ca visita de Anxo Fariño, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego. Os nenos puideron ver en directo como Anxo Fariña lle daba vida a algunhas das súas famosas persoaxes.

lunes, 5 de mayo de 2014

DIA DO LIBRO

NA SEMANA NA QUE FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO TIVEMOS DIVERSOS ACTOS: EXPOSICIÓNS, MURAIS, CONTACONTOS E UNHA FERMOSA LECTURA COMPARTIDA A TRAVÉS DO APADRIÑAMENTO LECTOR.

miércoles, 23 de abril de 2014

VISITA GONZALO MOURE

TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CA PRESENZA DE GONZALO MOURE QUE ENTUSIASMOUNOS A GRANDES E PEQUENOS CAS SÚAS HISTORIAS.

jueves, 10 de abril de 2014

OBRA DE MONICREQUES

OS ALUMNOS DE 5º PREPARARON UNHA FERMOSA OBRA DE MONICREQUES PARA TODOS NÓS.





martes, 8 de abril de 2014

CONTACONTOS: A CASA DA MOSCA CHOSCA

Os nenos e nenas de 5º de Primaria agasalláronnos cun conto moi divertido "A CASA DA MOSCA CHOSCA".

lunes, 31 de marzo de 2014

SEMANA DO LIBRO

AQUÍ TEDES A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES QUE PROPÓN LIBROLANDIA PARA CELEBRAR A SEMANA DO LIBRO.

miércoles, 26 de marzo de 2014

"Quen diría que, no fondo, o que lle gusta a Xoán ... é ensinar...!!! (10-03-2014)

martes, 11 de marzo de 2014

ENTROIDO

ESTE ANO TODOS O CENTRO TOMOU COMO TEMA O UNIVERSO PARA DISFRAZARSE NO ENTROIDO. AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS DISFRACES QUE DESFILARON.

viernes, 7 de marzo de 2014

CONTACONTOS: NEGROS E BRANCOS

OS ALUMNOS DE 6º ESTIVERON REPRESENTANDO DURANTE ESTES DIAS  UNHA OBRA DE TÍTERES TITULADA "NEGROS E BRANCOS" PARA TODOS OS NENOS DO COLEXIO.







CONTACONTOS DIA DE SAN VALENTÍN

Para festexar o día de San Valentín os nenos de 5º agasalláronnos cun contacontos titulado:"¿QUÉ ES EL AMOR?".





Gañadores día da Paz

 Aquí están as gañadoras do concurso "MENSAXES EN ÓRBITA".

Premios día da Paz

Polo día da Paz a biblioteca librolandia organizou un concurso de debuxo e poesía co título "Mensaxes en órbita" no que terían que conxugar o tema da paz co tema do Universo, que é o tema central que a biblioteca propuxo para traballar neste curso. Estes foron algúns dos resultados.