viernes, 20 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

O VINDEIRO MARTES,  DÍA 24 DE FEBREIRO, CELÉBRASE EN GALICIA O DÍA DE ROSALÍA, NO QUE SE CONMEMORA O 178º ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO. 
EN LIBROLANDIA OS ALUMNOS DE 5º DE ED. PRIMARIA FARÁN UNHA PEQUENA PONENCIA NA QUE EXPOÑERÁN A VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO, A ESCRITORA GALEGA MÁIS REPRESENTATIVA DA NOSA TERRA.
ESTADES INVITADOS!!

lunes, 16 de febrero de 2015

VISITA DE VICENTE MUÑOZ PUELLES


 O PASADO MÉRCORES OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA PUIDERON CHARLAR CON VICENTE MUÑOZ PUELLES AUTOR DOS LIBROS "ÓSCAR Y EL LEÓN DE CORREOS Y ÓSCAR Y EL RIO AMAZONAS", LECTURAS QUE FIXERON NESTE TRIMESTRE.




CONTACONTOS: CAPERUCITA ROJA

SEGUIMOS COS NOSOS CONTACONTOS, POIS ACTORES NON NOS FALTAN E PÚBLICO CHEO DE GANAS DE VELOS TAMPOUCO. APROVEITANDO QUE XA CHEGA O ENTROIDO E QUE O TEMA PROPOSTO POR LIBROLANDIA PARA ESTA CELEBRACIÓN SON OS CONTOS POPULARES, AS NENAS DE 4º PREPARARON UN FERMOSO CONTACONTOS DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.

CONTACONTOS EN INGLÉS

A SEMANA PASADA, A TEACHER MANOLI COA AXUDA DE MARÍA FIXERON UN CONTACONTOS EN INGLÉS PARA OS ALUMNOS DE 4ºB.
O CONTO ELEXIDO FOI: I SPY AN ALPHABET IN ART









VISITA PAPÁ NOEL

XA SABEMOS QUE ESTAMOS MÁIS CERCA DO ENTROIDO QUE DO NADAL, PERO COMO MAIS VALE TARDE QUE NUNCA, AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS QUE AMOSAN A VISITA DE PAPÁ NOEL EN LIBROLANDIA.

lunes, 2 de febrero de 2015

CONTACONTOS

O PASADO VENRES, OS ALUMNOS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, FIONA RYAN, SOFÍA COELLO, MARÍA LÓPEZ, CARLA MOSQUERA E HUGO GONZÁLEZ, REPRESENTARON UN FERMOSO CONTACONTOS. AQUÍ TEDES ALGUNHAS DAS FOTOS DESE DÍA.

domingo, 1 de febrero de 2015

PREMIO LITERARIO PARA ELI RÍOS

ELI RÍOS, NAI DE DOUS ALUMNOS DO NOSO CENTRO, VEN DE RECIBIR UN PREMIO POLA SÚA OBRA "BICHA".  ELA MESMA CONTA QUE ESTA OBRA NACEU GRAZAS A UNHA VISITA QUE FIXO AO CEIP GRAXAL PARA PARTICIPAR NUNHA ACTIVIDADE LITERARIA XUNTO COS COMPAÑEIROS DA SÚA FILLA.
PARABENS ELI!!