jueves, 30 de marzo de 2017
O GRAXAL, UN COLE DE ARTISTAS
ESTA SEMANA SAÍMOS A DOBRE PÁXINA NO XORNAL " EL METROPOLITANO" NO QUE SE FALA SOBRE O PROXECTO DE ARTE QUE ESTAMOS LEVANDO A CABO NO NOSO CENTRO.
http://www.elentornometropolitano.com/node/1184
lunes, 27 de marzo de 2017
VISITA DE ANTÓN CORTIZAS
HOXE OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTIVERON EN LIBROLANDIA CON ANTÓN CORTIZAS.
FIXERON MOITAS PREGUNTAS E ESTIVERON BEN ATENTOS AS EXPLICACIÓNS DO ESCRITOR QUE NON DUDOU EN AMOSARLLES CERTOS XOGOS DE PAPIROFLEXIA E LEMBROULLES QUE "NUNCA SE É MAIOR PARA XOGAR, NUNCA SE DEBE DEIXAR DE XOGAR".
viernes, 17 de marzo de 2017
DÍA DE ROSALÍA
O PASADO 24 DE FEBREIRO CELEBROUSE O 180 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DA NOSA ESCRITORA MÁIS ILUSTRE: ROSALÍA DE CASTRO.
ESE DÍA NO NOSO CENTRO FACÍAXE O DESFILE DE ENTROIDO E PARA NON SOLAPAR ESTAS CELEBRACIÓNS POSPUSIMOS A FESTA DE ROSALIA PARA O DÍA 3 DE MARZO.
PADRIÑOS E AFILLADOS XUNTÁRONSE PARA PREPARAR UN LIBRIÑO DA VIDA DE ROSALIA E FIXEMOS UN PEQUENO ACTO NO QUE SE RECITARON POEMAS, LEEUSE UNHA PEQUENA BIOGRAFÍA E TODOS XUNTOS CANTAMOS "ADEUS RIOS, ADEUS FONTES". PARA FINALIZAR O ACTO COLGOUSE UN RETRARO DE ROSALÍA FEITO COAS FOTOS DE TODOS OS NENOS E NENAS DO CENTRO.