jueves, 28 de febrero de 2019

XOVES /VENRES CONTACONTOS

Hoxe tivemos contacontos, cada vez máis nenos e nenas anímanse a participar e coa continúa axuda da mestra Teresa as obras son cada vez máis impresionantes. Parabens para Teresa, o seu equipo técnico e os seus actores e actrices. 







VISITA MARÍA CANOSA

Onte estivo en LIBROLANDIA, María Canosa xunto co alumnado de 6°de Primaria. Xuntos falaron de Muriel, de como xurdiu esta obra e otras moitas cuestións que a rapazada non dubidou en preguntarlle. Foi un verdadeiro pracer estar con María Canosa.






OS CASTREXOS ENTRE PADRIÑOS E AFILLADOS

O alumnado de 4°A visitou aos seus afillados de 6°de Infantil e xuntos compartiron todas as investigacións que fixeron dos CASTREXOS.  




miércoles, 27 de febrero de 2019

VENRES/XOVES CONTACONTOS

Como o venres temos a festa do entroido, esta semana teremos "XOVES CONTACONTOS". 

O MECO ARQUITECTO

XA CHEGOU O ENTROIDO E CON EL O MECO, FEITO POLA MESTRA CHOSE E O ALUMNADO NA CLASE DE PLÁSTICA. NESTE ANO ADICADO ÁS CONSTRUCCIÓNS TEMOS AO "MECO ARQUITECTO" .

24 de febreiro : DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado luns os afillados foron visitar aos seus padriños para celebrar o día de ROSALÍA DE CASTRO. Leváronlles de agasallo un marcapáxinas feito
por eles mesmos e recitáronlles unha fermosa poesía da nosa autora preferida. Grandes e pequenos recitaron xuntos lembrando a Rosalía  
Podedes ver ao alumnado de 6°de Primaria recitando a Rosalía nestes enlaces. 





VISITA IAGO LÓPEZ

Onte estivo co alumnado de 1°de Primaria o estupendo escritor IAGO LÓPEZ facendo un contacontos xenial das aventuras do cociñeiro MARTIÑO. 





lunes, 25 de febrero de 2019

MOUCHO LEROUCHO

Hoxe o Moucho estivo cos máis pequenos do cole e co alumnado de 1°de Primaria. 





viernes, 22 de febrero de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: NAI E TÍA DE VERA MUSICANDO "OS TRES BANDIDOS"

A NAI E A TÍA DE VERA ESTIVERON COA CLASE DOS DINOSAURIOS E OS CAVERNÍCOLAS MUSICANDO O CONTO DE "OS TRES BANDIDOS" DE TOMI UNGERER. 
"CONTRUÍNDO MÚSICA, CONTOS, DIVERSIÓN EN FAMILIA"

jueves, 14 de febrero de 2019

14 de FEBREIRO, DÍA DOS NAMORADOS.

A nosa marabillosa Lidia transformouse en Titiritesa para contarlle ao alumnado de Primaria unha fermosa historia de amor.