domingo, 31 de marzo de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUIS SEOANE. ESCAPE ROOM

O día 1 de Abril conmemórase o DÍA DAS ARTES GALEGAS, que neste ano 2019 adícase a LUIS SEOANE, tan presente no noso centro. Durante estes días desde LIBROLANDIA realizaremos varias actividades e empezaremos o luns cun divertido xogo de ESCAPE ROOM na hora do recreo.  
Corre a LIBROLANDIA E PREPÁRATE PARA SEGUIR AS PISTAS. 

viernes, 29 de marzo de 2019

CONTACONTOS EN FAMILIA: O GATO LAMBÓN

Os pais de Enrique estiveron hoxe cos pequenos de 4°de Infantil contando o contó de O gato Lambón. Todos pasámolo de medo con este contó. 




OS BOLECHAS EN 3° DE PRIMARIA

Hoxe os bolechas estiveron explicando a importancia de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos para coidar o noso planeta. 
 https://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas/




jueves, 28 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

Hoxe tivemos outro OBRADOIRO de ROBÓTICA onde presentamos os nosos dous novos escornabots. Amosamos diferentes xogos de lóxica matemática, construíndo con materiais, cooperativos, de velocidade, do tema das construcións.... empregando os escornabots. Para moitos dos nenos e nenas era a primeira toma de contacto cos robots pero de seguro que non será a derradeira. Os escornabots quedarán en LIBROLANDIA para que os poidan empregar na hora do recreo







miércoles, 27 de marzo de 2019

27 DE MARZO, DÍA DO TEATRO.

TEATRO E POESÍA XÚNTANSE NO CORREDOR DA ENTRADA.

VISITA DE MARÍA REIMÓNDEZ

En LIBROLANDIA, tivemos a sorte de recibir hoxe a María Reimóndez que veu visitar ao alumnado de 4°. As rapazas e rapaces estaban moi emocionados e escoitaron atentamente todas as explicacións sobre as motivacións da autora  para escribir "Lía e as zapatillas de deporte ", sobre que é o comercio xusto, como os nenos poden axuda a loitar contra o traballo infantil ... A continuación as nenas e nenos agasallaron á escritora cunha pequena obra de teatro ("AS NENAS SERÁN O QUE QUEIRAN SER") para celebrar o día de hoxe no que se festexa o DÍA DO TEATRO.
 Por último María Reimóndez non dubidou en asinar todos os libros das nenas e nenos. 





lunes, 25 de marzo de 2019

LIBROLANDIA NOS ENCONTROS DO PLAMBE

O XOVES E O VENRES , LIBROLANDIA ESTIVO NOS ENCONTROS DE FORMACIÓN DO PLAMBE PARA ENCHERSE DE NOVAS IDEAS E DAS EXPERIENCIAS DOUTRAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.

EXPOSICIÓN MULLERES LABREGAS

No corredor principal do centro está unha exposición sobre as mulleres labregas organizada polo equipo de dinamización da lingua galega do centro,coas aportación do alumnado. Estades convidados a vir a vela!! 

domingo, 24 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E CONSTRUCIÓN EN BIBLIOLIBROLANDIA

  Este xoves 28 coñeceremos aos novos escornabots e faremos un obradoiro sobre as construcións.
Será divertido.
 Anímate a participar !

DESCUBRINDO CONSTRUCIÓNS DE GALICIA

Recibimos no correo da biblioteca moitas fotografías de construcións das nosa terra. Gracias por colaborar con éste proxecto . Poñémonos mans a obra coa maquetación do libro fotográfico.
Esperamos poder presentalo no día do libro 23 de abril.



jueves, 21 de marzo de 2019

ANA MEILÁN

Ana Meilán autora de:
Bagoas debaixo da cama
Quen ven ésta noite?
As chaves dos soños
Oito Patas
Visitounos éste mércores para realizar diversos obradoiros de animación á lectura. Aproveitamos a visita para que nos asinara todas as súas obras.
 Xa podedes collelas na nosa biblioteca e descubrir as máxicas verbas que nos deixou en cada unha delas. 




lunes, 11 de marzo de 2019

CONTRUÍNDO EN FAMILIA: TEMPLARIOS NA PRENSA

UNHA REPRESENTACIÓN DE ALUMNAS E ALUMNOS DO NOSO COLE XUNTO COAS SÚAS FAMILIAS PARTICIPARON NO ENTROIDO DE CAMBRE COS DISFRACES DE TEMPLARIOS.
 AQUÍ TEDES A NOTICIA NA PRENSA. 
https://amp.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2019/03/11/entroido-pequeno-recorre-cambre/1382793.html

domingo, 10 de marzo de 2019

Construíndo no entroido!!!

O tema do PDI do cole este ano é "CONSTRUÍMOS". Cada aula está traballando sobre unha construción que aproveitaron para o disfrace de entroido. Así de muíños e horreos saíron panadeiros, de colmeas e alvarizas saíron abellas e apicultores e así moitos máis. Aquí tedes unhas fotos do desfile polo barrio. 

viernes, 8 de marzo de 2019

EXCURSIÓN AO CASTRO DE BORNEIRO E AO DOLMEN DE DOMBATE.

O ALUMNADO DE 6° DE INFANTIL ESTIVO HOXE NO CASTRO DE BORNEIRO E NO DOLMEN DE DOMBATE APRENDENDO MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE ESTAS CONSTRUCIÓNS PARA SEGUIR TRABALLANDO NO PDI DO CENTRO. 





8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

"AS NENAS SERÁN O QUE QUEIRAN SER", AS MULLERES GALEGAS DO NOSO PANEL XA O CONSEGUIRON, E AS NENAS DO NOSO CENTRO DEIXARON VOAR  CENTOS DE BOLBORETAS COS SEUS SOÑOS DE FUTURO(CIENTÍFICA, BOMBEIRA, PERRUQUEIRA, MESTRA, POLICÍA...) XA QUE ELAS TAMÉN SERÁN O QUE QUEIRAN SER. 




VISITA FINA CASALDERREY

Hoxe estivo en LIBROLANDIA Fina Casalderrey co alumnado de 3°de Primaria.