martes, 30 de abril de 2019

KAMISHIBAI DE ROSALÍA DE CASTRO

UN GRUPO DOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA ESTIVERON NAS AULAS DE 4°DE INFANTIL E 4°DE PRIMARIA REPRESENTANDO UNHA OBRA, QUE ELES MESMOS FIXERON, CO KAMISHIBAI SOBRE ROSALÍA DE CASTRO. 




Contacontos: A GALICIA MÁXICA DE ANTÓN FRAGUAS




Hoxe estivo en LIBROLANDIA Brais Moure contándonos cousiñas das árbores, dos paxariños, dos bosques...como facía Antón Fraguas. Xunto coa meiga Chantada puidemos voar e coñecer historias de mouros.

viernes, 26 de abril de 2019

miércoles, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS ENTRE PADRIÑOS E AFILLADOS


DÍA DO LIBRO: BOOKCROOSING

Para celebrar o día do libro, preparouse unha actividade de Bookcroosing na que os nenos e nenas trouxeron contos para intercambiar. Trouxéronse 118 contos que estiveron expostos na entrada do centro onde o alumnado puido escoller o seu novo libro. Todos os libros levaban unha pequena anotación onde poñía o nome do anterior dono e que era o que máis lle gustaba do conto. 
Axenda 2030: consumo responsable










martes, 23 de abril de 2019

En familia buscando construcións por Galicia.

Festexamos o día do libro cun montón de actividades.
Entre elas a presentación do primer libro de Bibliolibrolandia.
Un libro de verbas e fotografías realizado por alumnos, familias e mestres.
Está en maquetación e moi pronto o teremos na nosa biblioteca  mentres tanto aquí vos deixamos un adianto. Esperamos que vos guste!

PREME AQUI PARA VER O VÍDEO

sábado, 13 de abril de 2019

VISITA ÁS CONSTRUCIÓNS DE CAMBRE

ONTE AS RAPAZAS E RAPACES DE 6°DE INFANTIL ESTIVERON EN CAMBRE ONDE VISITARON ALGUNHAS DAS SÚAS IMPORTANTES CONSTRUCIÓNS. TIVERON A SORTE DE CONTAR CON MONCHO COMO GUÍA QUEN LLES ENSINOU O MUSEO ARQUEOLÓXICO ONDE SE ATOPAN OS RESTOS DUNS BAÑOS TERMAIS ROMANOS, DESPOIS ENTRARON NA FERMOSA IGREXA DE CAMBRE, UN EXEMPLO DE TEMPLO DE PEREGRINACIÓN ROMÁNICA CHEO DE SÍMBOLOS E LENDAS. SEGUIRON ANDANDO E CHEGARON AO CASTRO ONDE  IMAXINARON A SITUACIÓN DAS CHOZAS E OS MUROS QUE AINDA ESTÁN ENTERRADOS. POR ÚLTIMO FORON AO PAZO DE MELLA, QUE É IMPRESIONANTE, CONTA CON POMBAL, CÁPELA, CARBOEIRA, GRANEIRA, FORNO, POZO, BEBEDEIRO PARA CABALOS...  







jueves, 11 de abril de 2019

AGASALLO DÍA DAS ARTES

Hoxe recibimos un agasallo da Asesoría de bibliotecas Escolares polas actividades que realizamos para celebrar o Día das Artes Galegas adicada a SEOANE.

Bookcroosing no DÍA do LIBRO

O martes 23 de abril celebraremos o DÍA DO LIBRO cunha actividade de Bookcroosing "Intercambio de libros" .O alumnado, entre hoxe e mañá poderá traer algún libro da súa casa para intercambiar por outro. O intercambio realizarase o Día 23.



VENRES CONTACONTOS


lunes, 8 de abril de 2019

OPEN SCIENCE CAMBRE

Queremos un ano máis participar na Open Science Cambre, que terá lugar no mes de setembro. Neste taboleiro de Pinterest podedes atopar ideas para facer en familia, algún experimento relacionado coa construción e a arquitectura. Podedes traelos ao centro ao longo do mes de maio.
NO GRAXAL CONSTRUÍMOS EN FAMILIA
https://www.pinterest.es/bibliolibrolandia/open-science-2019-construimos-en-familia/more_ideas/?ideas_referrer=9
https://pin.it/qqicm5nrtu7k4n

viernes, 5 de abril de 2019

O MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE NAS AULAS DE 6°DE INFANTIL

JENNY E IRENE, INVITARON HOXE AO RESPONSABLE DO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE PARA QUE LLES EXPLICARÁ AOS PEQUENOS COMO VIVÍAN OS ROMANOS E QUE É O QUE PODEMOS ATOPAR NO MUSEO. MONCHO SORPRENDEUSE DO MOITO QUE XA SABEN ESTAS RAPAZAS E RAPACES DA ÉPOCA DOS ROMANOS. 


jueves, 4 de abril de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: Damián e Hugo

Damián estivo hoxe acompañando ao seu irmán Hugo, para axudarlle a explicar aos seus compañeiros o que investigaron sobre a Pena da nosa Señora. Foi moi divertido 
escoitar as súas anécdotas e aprender máis información sobre o noso proxecto. 


CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Emma e Carolina da FAXPG estiveron hoxe en LIBROLANDIA facendo un contacontos para o alumnado de Infantil. "Unha casa a medida" é o título do contó, unha historia que fala das construcións, das barreiras arquitectónicas, da inclusión e sobre todo do AMOR.







NOVIDADES DE ABRIL