viernes, 31 de enero de 2020

XUNTOS CONSTRUÍMOS A PAZ

O alumnado de 3° preparou este video no que explican como se ten que construir a Paz no seu día a día. Están feitos uns actores e actrices!!. 
axenda 2030: Paz xustiza e institucións solidarias.

jueves, 30 de enero de 2020

FEITIZOS DE PAZ

Hoxe tíñamos programada unha carreira solidaria a favor da ONG SAVE THE CHILDREN. Por mor da chuvia tivemos que aplazala pero xa temos a punto os dorsais para cando o tempo nos de unha tregua. 
Exposición de libros sobre a Paz. 


ILUSTRACIÓNS POLA PAZ

Para festexar o día da Paz e da Ilustración quixemos empregar unha selección de viñetas do ilustrador galego Luis Davila. Escollimos este ilustrador polo seu humor e pola escolma de viñetas que se poden relacionar co noso PDI "UN COLE DE LENDAS".  O alumnado tiña que poñerlles cor as ilustracións e poñerlles texto que nos fagan lembrar que precisamos un mundo de Paz. 
As ILUSTRACIÓNS POLA PAZ xa están enchendo todos os recuncho do centro. 













martes, 28 de enero de 2020

Exposición dos libros para o proxecto : un cole de lendas







Estrenamos un novo espazo en bibliolibrolandia. Un espazo para múltiples actividades dende buscas de información, traballo cooperativo, emprego de portátiles, materiais creativos...

domingo, 26 de enero de 2020

AXENDA 2030 EN LIBROLANDIA.

En Librolandia valoramos a importancia dos obxectivos de desenvolvemento sustentable da AXENDA 2030. Fomentaremos actividades dirixidas á consecución dos mesmos. 
Neste caso, Aldara, alumna de 2°, estivo na clase do seu irmán Fabio en 4°de Infantil para ensinarlles como funciona a calefacción de pellets e como son estes. 




CREATIVIDADE EN LIBROLANDIA


A creatividade enche os distintos espazos de LIBROLANDIA. 




martes, 21 de enero de 2020

ABRIMOS LIBROLANDIA

Aínda non temos todo o mobiliario novo, nin a biblio perfecta pero debido ás numerosas peticións de rapaces e mestres hoxe abrimos de novo LIBROLANDIA. As caras de sorpresa e os comentarios do alumnado fainos creer que os cambios foron acertados. Tarima flotante no chan, cambio de mesas e cadeiras, expurgo de libros, colocación dos libros por autor, sinalización dos libros de galego cunha pegatina, pegatina nos libros de información da imaxe da CDU a qué corresponde, creación do recuncho libros para a lembranza, mellora no English corner.... E seguimos. 





CONTOS PARA A LEMBRANZA

Estamos a preparar un novo espazo. Contos para a lembranza. Un espazo adicado a esas lectura de onte e de sempre. Contos e historias para ler ó carón dunha lareira.




jueves, 9 de enero de 2020

OBRAS EN LIBROLANDIA

Colaboradores e mestras seguimos traballando arreo para deixar perfecta a biblioteca e poder abrila canto antes. 

ENGLISH CORNER

 Grazas á colaboración entre os equipos de lingua inglesa e o da biblioteca, o English corner estase convertendo nun recanto moi acolledor. Durante estas datas, chegaron un montón de postais de Nadal de moitos países de Europa que participan no proxecto e-twinning.