sábado, 31 de octubre de 2020

miércoles, 28 de octubre de 2020

ESCORNABOTS EN LIBROLANDIA

Tanto grandes coma pequenos, fan uso dos Escornabots na biblioteca para traballar diferentes temáticas á vez que se van iniciando no uso da robótica. 



 

jueves, 22 de octubre de 2020

Próximamente ...

 O 24 de outubro co gallo do día das bibliotecas escolares LIBROLANDIA abrirá as portas novamente , cunha biblioteca segura adaptada a nova situación. Aproveitaremos para presentarvos o novo proxecto cun video que transmitiremos no blogge e nas redes...



miércoles, 21 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 Seguimos amosando actividades feitas pola rapazada para celebrar o día das escritoras. Nesta ocasión foi o alumnado de 4º B quen se animou a lembrar a algunhas das autoras galegas.


lunes, 19 de octubre de 2020

PODCAST DÍA DAS ESCRITORAS 2020

 

Hoxe por fin presentamos o primeiro podcast de Radiocuruxa, feito desde o cole coa nosa radio que aínda tíñamos sen estrear. 
Nin alumnado nin profesorado aínda recibimos formación de radio pero as ganas e a ilusión botounos para adiante. Polo tanto neste primeiro podcast atoparedes erros pero as rapazas e os rapaces gozaron participando e escoitando as súas voces.
Neste podcast Antonella, Alejandra, Aurora, Martín Pereiro e Abel, colaboradores de 6º B, lembran  a moitas das escritoras galegas que pasaron pola nosa biblioteca nos últimos anos.

martes, 13 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 O vindeiro 19 de outubro festexaremos o día das escritoras . No centro estamos a preparar diversas actividades .

O alumnado de 3ºA preparou un vídeo das biografías dalgunhas escritoras galegas.



O alumnado de 4º ponse na pel das nosas escritoras galegas para contarnos as súas vidas e algunhas das súas obras. Non vos perdades os seguintes vídeos.



 

 

 

Nesta presentación recollemos a biografía dalgunhas das moitas escritoras recoñecidas de sempre e de hoxe.