domingo, 20 de diciembre de 2020

CALENDARIO DE ADVENTO. CONTO 20. FAMILIA RAMOS GESTAL E FAMILIA GARCÍA DA COSTA

XA FALTA POUCO PARA QUE CHEGUEN OS REIS MAGOS E HOXE DÚAS FAMILIAS DO COLE CONTAN DOUS CONTOS SOBRE ESTES PERSONAXES TAN QUERIDOS.

viernes, 18 de diciembre de 2020

CALENDARIO DE ADVENTO. CONTO 18. MESTRAS DE INFANTIL

CANDO REMATA O CONTO, NON VOS PODEDES PERDER AS TOMAS FALSAS!!.

jueves, 17 de diciembre de 2020

Realidade Virtual en Librolandia

Dani de tercero A ,estivo hoxe a probar as novas adquisicións de realidade virtual. 

Aquí vos deixo un avance...



  

miércoles, 16 de diciembre de 2020

Novidades !!!

 Temos moitas novidades para rematar este ano e moitas novas por chegar... aquí vai un adianto



viernes, 11 de diciembre de 2020

Visita virtual Acuarium Finisterrae

 Exploramos dende a aula a diversidade mariña galega coa colaboración do Acurium Finisterrae. Grazas a esta visita virtual e a entrevista coas dinamizadoras do Acurium puidemos coñecer a fauna marina da nosa contorna. 



viernes, 4 de diciembre de 2020

IMPRESORA 3D EN LIBROLANDIA

Librolandia está de festa!! Acabamos de recibir a impresora 3d e xa fixo as primeiras impresións de mostra.
Está a disposición de toda a comunidade educativa así que xa sabedes achegádenos as vosas propostas!



 

domingo, 29 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de Novembro preparamos unha exposición no corredor da entrada ao centro no que moitas clases colocaron os traballos que están realizando sobre as ciencias. Tamén aproveitamos para expoñer unha pequena selección de materiais e  libros da biblioteca relacionados coa ciencia en galego.
 Algunhas rapazas e rapaces animáronse a gravar as súas investigacións para compartilas .

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE.

O próximo xoves 3 de decembro, celébrase o día da discapacidade.
 Desde Librolandia presentamos algúns dos moitos libros sobre este tema que temos na biblioteca e engadimos unha presentación feita pola mestra Inés de Audición e Linguaxe con curtametraxes para poder traballar con todo o alumnado.

Curtametraxes sobre a Discapacidade

viernes, 27 de noviembre de 2020

Alumnado de segundo

 O alumnado de segundo mailo seu titor Pablo en Librolandia. A rapazada participa de varios obradoiros empregando algúns dos recursos da biblioteca escolar. 









jueves, 26 de noviembre de 2020

Eliminación da violencia de xénero 2020

Todo o alumnado do centro colgou o seu lazo para amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero. Para acabar co virus da violencia de xénero cada aula creou unha vacina para combatir este mal.
O alumnado de 6º de Primaria gravou un vídeo no que amosa a súa visión sobre a violencia de xénero.



domingo, 22 de noviembre de 2020

CALENDARIO ADVENTO: FAMILIAS

PRECISAMOS A AXUDA DOS AVÓS, DAS AVOAS, DOS PAIS, DAS NAIS, DOS TIOS...

 

miércoles, 18 de noviembre de 2020

Podcast Radiocuruxa. Mes da ciencia en galego.

 Radiocuruxa volve a cobrar vida. Esta vez da man da xentiña de tercero de primaria. 

Estes pequenos locutores fixeron un enorme traballo de investigación sobre Isabel Zendal e a vacina da variola,  para a realización da escaleta.


martes, 17 de noviembre de 2020

Mes da ciencia en galego

 Nas aulas están a traballar arreo para a exposición das ciencias da planta baixa .

A rapazada colaboradora de LIBROLANDIA creou de xeito colaborativo, a través da aula virtual, uns carteis con  nubes de palabras científicas en galego.




  

viernes, 13 de noviembre de 2020

Día das Librarías

 E ti, de que libraría ves sendo? 

En Librolandia somos das librarías de barrio, das que están preto de nós, das que aconsellan, das que se emocionan ao recomendarche un libro. 

Somos moito de "Moito Conto", de " Alita cómics", de "Santos e Ochoa", de "Ler librerías"... 

Nesta ocasión 5 dos colaboradores de 5° da biblioteca acompañáronnos á libraría do barrio, "Ler librarías", para escoller libros para a biblioteca. Falaron coa libreira, pedíronlle consello, escoitaron as súas recomendacións e aínda que lles custou decidirse con tantos libros, ao final fixeron unha selección variada. 

E ti, de que libraría ves sendo? 





















lunes, 9 de noviembre de 2020

FORMACIÓN RADIO CON REDE ESPORA

Esta tarde o equipo docente, por fín, recibimos a formación de radio con Rede Espora que tivéramos que aprazar por mor do confinamento. 
Grazas a Cristina por todos os bos consellos que estamos desexando poder empregar co noso alumnado na radio.



 

domingo, 8 de noviembre de 2020

El banquete de los monstruos polo alumnado de 1º B

O alumnado de 1ºB traballa o valor da amizade a través dun conto cheo de humor, enxeño e receitas moi curiosas.  Non vos perdades este vídeo que zumega creatividade!

ESTAMOS DE VOLTA

 Neste GENIALLY podemos atopar información sobre o Protocolo Covid na biblioteca, sobre o PDI que traballaremos neste ano, sobre as actividades para as familias e moito máis.

GALERÍA VIRTUAL DO SAMAÍN

Aquí tedes o vídeo coas fotos das vosas creacións de Samaín que enviáchedes ao correo de Librolandia. Grazas pola vosa participación.
Gozade nesta noite tan especial.

miércoles, 28 de octubre de 2020

ESCORNABOTS EN LIBROLANDIA

Tanto grandes coma pequenos, fan uso dos Escornabots na biblioteca para traballar diferentes temáticas á vez que se van iniciando no uso da robótica. 



 

jueves, 22 de octubre de 2020

Próximamente ...

 O 24 de outubro co gallo do día das bibliotecas escolares LIBROLANDIA abrirá as portas novamente , cunha biblioteca segura adaptada a nova situación. Aproveitaremos para presentarvos o novo proxecto cun video que transmitiremos no blogge e nas redes...



miércoles, 21 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 Seguimos amosando actividades feitas pola rapazada para celebrar o día das escritoras. Nesta ocasión foi o alumnado de 4º B quen se animou a lembrar a algunhas das autoras galegas.


lunes, 19 de octubre de 2020

PODCAST DÍA DAS ESCRITORAS 2020

 

Hoxe por fin presentamos o primeiro podcast de Radiocuruxa, feito desde o cole coa nosa radio que aínda tíñamos sen estrear. 
Nin alumnado nin profesorado aínda recibimos formación de radio pero as ganas e a ilusión botounos para adiante. Polo tanto neste primeiro podcast atoparedes erros pero as rapazas e os rapaces gozaron participando e escoitando as súas voces.
Neste podcast Antonella, Alejandra, Aurora, Martín Pereiro e Abel, colaboradores de 6º B, lembran  a moitas das escritoras galegas que pasaron pola nosa biblioteca nos últimos anos.

martes, 13 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 O vindeiro 19 de outubro festexaremos o día das escritoras . No centro estamos a preparar diversas actividades .

O alumnado de 3ºA preparou un vídeo das biografías dalgunhas escritoras galegas.



O alumnado de 4º ponse na pel das nosas escritoras galegas para contarnos as súas vidas e algunhas das súas obras. Non vos perdades os seguintes vídeos.



 

 

 

Nesta presentación recollemos a biografía dalgunhas das moitas escritoras recoñecidas de sempre e de hoxe.


jueves, 18 de junio de 2020

GRAZAS POR TANTO

A comunidades educativas do Ceip. P . Graxal quere darvos as grazas polo apoio recibido ao longo destes momentos tan complicados.


lunes, 15 de junio de 2020

LECTURAS FEITICEIRAS PARA AS NOITES MEIGAS. RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Non queremos rematar o curso sen as nosas recomendacións de lecturas e xogos para o verán. Nesta ocasión cambiamos o formato do tríptico, xa que non vai ser entregado en papel, por un póster interactivo onde ao pulsar cada libro podedes ver máis información sobre o mesmo. O póster fai alusión ao Proxecto que traballamos este ano no centro 
"Un cole de lendas". 
Non vos esquezades das librarias do barrio para as vosas compras.

jueves, 4 de junio de 2020

RADIOCURUXA 3º PROGRAMA: "AS PEGADAS DE 6º NO GRAXAL"

Xa temos novo programa en Radiocuruxa. 
Nesta ocasión o alumnado de 6º A conta a súa experiencia no centro durante todos estes anos e amosan as súas inquedanzas cara a nova etapa educativa. No programa tamén se poderá escoitar unha entrevista e remata cunha fermosísima canción que nos presenta Daniel Andrade Gude que foi creada pola súa familia.
Aquí tedes o enlace ao vídeo da canción.

LENDAS NAS VOCES DO ALUMNADO DE 5º


O alumnado de 5º está facendo unha recollida de lendas  e estanas a compartir a través do blogue que teñen "SORRISOS DE CARAMELO". 
Aquí recóllense uns enlaces para que poidades escoitar os seus traballos.















miércoles, 3 de junio de 2020

NOVIDADES XUÑO

PREME NAS IMAXES PARA VER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS LIBROS.

PRELECTORES






PRIMEIROS LECTORES


LECTORES AUTÓNOMOS

 

LECTORES EXPERTOS
 

INFORMACIÓN