sábado, 29 de mayo de 2021

Actividades de fomento da lectura

 Nesta semana realizáronse dúas actividades nas que participaron 9 aulas do centro. 

O martes o alumnado de 4° e 5° puideron ver en streaming un contacontos a cargo de "A xanela do maxín" sobre o camiño de Santiago que levaba por título "A viaxe de Saira".





E o xoves Benxamín Míguez pasou polas aulas de 1° e 2° deixando encantada á rapazada cos seus contos e ilustracións. 


Obradoiros de aprendizaxe en Librolandia

 A rapazada de cuarto en obradoiros de aprendizaxe. A nosa biblioteca dispón de espacios abertos e flexibles así coma de materiais manipulativos para realizar múltiples experiencias educativas de aprendizaxe inclusivo. 








Librolandia en colaboración co proxecto OAOA matemáticas

 O centro leva anos inmerso no proxecto OAOA matemáticas para levar ás aulas unha matemática máis real, manipulativa e práctica para o noso día a día.

Aquí tedes un vídeo recopilatorio con algunhas actividades que se están a facer no centro neste campo.



viernes, 28 de mayo de 2021

FACEMOS PEZAS PARA O ESCORNABOT NA IMPRESORA 3D

Con tanto uso, os Escornabots acaban deteriorándose, pero grazas á impresora 3D podemos crear novas pezas para substituílas.

 

jueves, 27 de mayo de 2021

Graxaleiradas en directo en Radio Voz

 A nosa rapazada en Radio Voz contando como está a funcionar un ano mais o proxecto Voz Natura. 



Mércoles 26 parte 4

A partir do minuto 16'20 

Radio voz. Voces da coruña

martes, 25 de mayo de 2021

ZOADEIRAS NA IMPRESORA 3D

 O alumnado de 1° este curso estivo investigando sobre os xogos tradicionais en relación co PDI "GALICIA EN RUTA, ANDAINA GALEGA". Aproveitaron a impresora 3D da biblioteca para crear as súas propias zoadeiras. O resultado xa está listo na exposición do proxecto e preparadas para pasar un bo rato entretido.











domingo, 23 de mayo de 2021

TERTULIÓN DEPORTIVO 20 DE MAIO

Os comentaristas colaboradores de 6º B nesta ocasión teñen os nervios a flor de pel ante o final de Liga. Aquí tedes as súas opinións e previsións ante os partidos que se celebraron esta fin de semana.

miércoles, 19 de mayo de 2021

Un ano máis o Ceip.P. Graxal recibe o selo biblioteca SOLIDARIA

 Somos un dos catro centros de Galicia co selo " Biblioteca escolar solidaria". Grazas a labor incondicional de toda a comunidade educativa.

Aquí tedes unha pequena mostra do traballo realizado ao longo deste curso como "Biblioteca escolar solidaria".

lunes, 17 de mayo de 2021

NO GRAXAL, CANTAMOS E SIGNAMOS NAS LETRAS GALEGAS

Na festa grande das nosas letras, a mestra de música organizou dúas cancións que tanto alumnado como profesorado interpretan en lingua de signos.

Letras Galegas 2021 de Teacher Mariluz

viernes, 14 de mayo de 2021

Xela Arias- Letras galegas 2021

 A rapazada do Graxal aprende a Xela Arias e goza coas súas verbas. 

Escoita o podcast destes pícaros de segundo 

Aquí tes un pequeno vídeo.




miércoles, 12 de mayo de 2021

O ALUMNADO DE 1° TRABALLA EN LIBROLANDIA.


 Os recursos e materiais de LIBROLANDIA permiten adaptar as propostas educativas as diferentes idades e necesidades educativas. 

TERTULIÓN DEPORTIVO DO 5 DE MAIO

 Novamente os colaboradores de 6º B comentan a xornada deportiva nun programa cheo de risas e bo humor no que xa se pode aprezar a soltura que teñen ante os micros.




Xela Arias. Letras galegas

 A cativada de quinto está a facer un traballo sobre a homenaxeada Xela Arias. Están a empregar na aula os chromebook da biblioteca escolar para buscas de información.





martes, 11 de mayo de 2021

Novos podcast

 A radio non para. A nosa rapazada quere ser escoitada.

 

TEATRO DE TÍTERES : "Contos de ratiños" POLO ALUMNADO DE 1º

Os pequenos de primaria non paran de crear. Nesta ocasión representan con títeres unhas divertidas historias do libro "CONTOS DE RATIÑOS" empregando o croma para a edición do vídeo.

Campaña de sensibilización

Onte o profesorado do Ceip. P.Graxal participou nunha sesión formativa da man de Lidia Gómez Boga. Lidia conseguíu poñernos na pel do noso alumnado. Foi unha xornada amena , activa e dinámica que de seguro repercutirá no xeito de abordar a labor docente nas aulas inclusivas.

O espazo en RadioCuruxa

 Un podcast moi interesantes sobre o espazo hoxe na nosa radio.


Radio Curuxa

 A nosa rapazada de terceiro poñen voz a un tema moi presente hoxe en día... A covid 19

sábado, 1 de mayo de 2021

FORMACIÓN DE RADIO PARA O ALUMNADO DE 4° CON CHARO PITA


O mércores e o xoves da pasada semana, o alumnado de 4° participou nun Obradoiro de radio a cargo de Charo Pita. Coñeceron a vida de 4 "AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS" e traballaron diferentes técnicas que lles van a axudar na realización dos podcast na radio. Foron 2 xornadas nas que aprenderon e gozaron.