viernes, 29 de octubre de 2021

RADIO CURUXA: PODCAST EN TEMPOS DE SAMAÍN

 A rapazada de Cuarto A volve as ondas para falarnos de temas tan terroríficos como "TikTak Draw" e "Os monstruos no Samaín"

Se tes medo ... non deberías escoitalos hahahahah


Esperamos que non teñades pesadelos!!!!

Obradoiro de ilustración de Samaín

 Ao longo desta semana os cativos e as cativas de 4ºA e 4ºB de Educación Primaria, levaron a cabo un obradoiro de debuxo coa ilustradora Andrea Pérez Morandeira. Seguindo os pasos lograron crear uns Frankensteins de medo! Queredes  velos? Aquí os tedes!


AQUÍ TEDES OS DE 4ºA

Hecho con Padlet



AQUÍ TEDES OS DE 4ºB

Hecho con Padlet

lunes, 25 de octubre de 2021

Día das bibliotecas


 Que mellor xeito que celebrar o #DíaDasBibliotecas coa apertura de Librolandia no tempo de ler. Apartir de hoxe todos os cursos terán asignado un día para poder acudir no tempo de ler a biblioteca e facer o préstamo habitual así como gozar cos materiais e recursos de aprendizaxe.

Hoxe tamén se puxeron en funcionamento as xa coñecidas mochilas viaxeiras.

Nesta primeira semana todo o centro recibirá formación de usuarios.  

Arrancando #LerAprenderDecubrir 







domingo, 24 de octubre de 2021

PDI: As cores no mundo

Co gallo do día das bibliotecas arranca o novo proxecto

Este ano quixemos contar coa participación de toda a comunidade educativa para coñecer 

Que son as cores no mundo?

É importante contar con todas as vosas palabras para que a nosa rapazada comece a crear...

A biblioteca escolar ten as VOSAS PALABRAS #aBEtenapalabra 
Recollimos todas estas ideas neste mural deseñado por Andrea Pérez Morandeira


#bescolaresgal #DíaDasbibliotecas #LerAprenderDescubrir #bescolaresaberta #aBEtenapalabra 







Día das bibliotecas

 Hoxe é o día das bibliotecas, dende Librolandia queremos compartir algunhas das novas. 

Mañá todas as familias recibirán este marcapáxinas deseñado por Andrea Pérez Morandeira para Librolandia.

Escaneando os códegos poderedes acceder as novas mensuais mais ao noso blog.

Aquí tedes o vídeo con algunhas novas para o novo proxecto
 UN MUNDO DE CORES
Dalle ao play
#DíaDasBibliotecas #LerAprenderDescibrir #bescolaresgal #bescolaresabertas




Carmen, crea bombas de auga en 6°.

El viernes el alumnado de 6° estuvo aprendiendo a hacer bombas de agua con la ayuda de Carmen, compañera del equipo de limpieza, que les explicó que son, como se usan y en que consiste la reacción química que hacen. Lo pasaron en grande. 


sábado, 23 de octubre de 2021

Radio Curuxa

 Radio Curuxa está de volta pronto novos podcast da nosa rapazada ...




martes, 19 de octubre de 2021

Novidades. Na procura de fondos.

 Pronto teremos novos fondos. Gústanos ir ás librerías ,estar en contacto coas libreiras e cos contos, recibir recomendacións...Nesta ocasión visitamos Moito Conto , na Coruña.






domingo, 17 de octubre de 2021

Emilia Pardo Bazán

Co gallo do día das escritoras a rapazada de cuarto de primaria poñen voz á propia Emilia Pardo Bazán que nos relata algún dos feitos máis reseñables da súa vida.
Dalle ao play
#díadasescritoras #bescolaresgalicia 


 

domingo, 10 de octubre de 2021

CLUB DE CIENCIAS: preparando materiais.

As nosas expertas científicas do Clube de Ciencias aproveitan o tempo preparando materiais para as maletas de Ciencias e creando actividades para compartir con toda a Comunidade educativa.






jueves, 7 de octubre de 2021

Ciencia no GRAXAL

A rapazada de 5°B explícanos como preparar un volcán. Son uns apaixonados da ciencia. Atréveste a facer un ? Segue as indicacións é doado

martes, 5 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS. EMILIA PARDO BAZÁN


O vindeiro día 19 de outubro festexaremos o día das escritoras.

Este ano queremos homenaxear a Emilia Pardo Bazán xa que é o ano do centenario da súa morte.

Dende Librolandia queremos facilitar a labor das aulas neste caso recollendo recursos que podedes empregar. Aquí vos deixamos unha presentación recollendo algún deles. Así como a presentación das biografías das escritoras que fixemos o curso pasado. 

Pronto poderedes desfrutar coas creacións do alumnado.