domingo, 30 de enero de 2022

REIMUNDO PATIÑO (DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022)

  O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego.                                                                               O protagonista deste ano é Reimundo  Patiño.                                                                                           Desde LIBROLANDIA achegámonos a este artista, pioneiro da Banda Deseñada galega,  a través dun vídeo e amosamos outros ilustradores galegos que o seguiron e dos que temos exemplares na nosa biblioteca. Por último animamos ao noso alumnado a realizar as súa propias bandas deseñadas empregando unha aplicación gratuíta ou lembrando os titoriais de Xosé Tomás cos que xa traballamos en anos anteriores.