jueves, 31 de marzo de 2022

CONVIVENCIA E INCLUSIÓN

 Hoxe o alumnado de 6º tivo unha nova xornada de formación con Juan e María, da asociación ANHIDA, cos cales a través desta campaña de sensibilización están traballando a importancia da convivencia  e da inclusión social, co fin de mellorar a  calidade de vida de cada persoa e contribuír ó cambio social para conseguir un entorno máis xusto e solidario.


                                     O NOSO COMPROMISO COA AXENDA 2030




ROSCO Ó RESCATE, MISIÓN SALVAR A NATUREZA CO ALUMNADO DE 2º

Onte Rosco, un ourizo que ven da Granxa de Xanceda, estivo co alumnado de 2º de primaria para conciencialos sobre a importancia  de protexer o medio ambiente, coidando á natureza e a toda a biodiversidade que habita nela.
A través do teatro, xogos e cancións, Rosco explica:
  •   Importancia da polinización, 
  •  Importancia da biodiversidade e a función de cada animal na natureza.
  •  Que é o cambio climático, a contaminación e como axudar a combatelo.
  • As 3 R: reducir, reciclar e reutilizar. 
Continúamos traballando para lograr os OBXECTIVOS DA AXENDA 2030.











 

martes, 29 de marzo de 2022

Órganos dos sentidos-4ºB

 A rapazada de Cuarto B cóntannos como funcionan os órganos dos sentidos. Empregaron os recursos de Librolandia para gravar os vídeos coa técnica do chroma key, editalos e montalos...

  

martes, 22 de marzo de 2022

OS LOBITOS EN RADIOCURUXA POLO DÍA DA POESÍA

Os pequenos de 6º A de infantil estréanse na radio, recitando para festexar o día da poesía e a chegada da estación da primavera.

Coas rimas na cabeza

 Co gallo do día da POESÍA,

A biblioteca toma a palabra en forma de rima.

Rimas sobre as mulleres que ao longo da vida llevaron cousas na cabeza.

Rimas creadas pola cativada de Cuarto A














lunes, 21 de marzo de 2022

BIBLIOCIENCIA- RECICLAXE

As rapazas do club de ciencias presentan unha nova entrega dos vídeos sobre o coidado do planeta, nesta ocasión falan sobre a reciclaxe.

Antonio M.Fraga

Os escritor Antonio Manuel Fraga visita á rapazada do Graxal para falar do novo libro "Papá Caníbal" Unha disparatada e divertida historia que fixo rir en mais dunha ocasión a cativada de cuarto. Tedes o libro en ibliolibrolandia á vosa disposición asinado por Antonio...

jueves, 17 de marzo de 2022

Minimundos

Os minimundos chegan a Librolandia. A rapazada do Graxal pode dar voz e inventar infinidad de historia e aventuras novo material heurístico. Aquí tédelos en acción

miércoles, 16 de marzo de 2022

Os órganos dos sentidos

A rapazada de cuarto A explicanos os diferentes órganos dos sentidos. Un traballo realizado de xeito autónomo por eles dende a gravacíon á edición dos vídeos. Empregaron o Chroma e os equipos de Librolandia para a montaxe. Se queres aprender dalle ok

martes, 8 de marzo de 2022

domingo, 6 de marzo de 2022

LECTURAS SOBRE A GUERRA PARA LOGRAR A PAZ

 Un tema, que por desgracia, sempre está de plena actualidade. A través destas lecturas trátase de dar cobertura a estas temáticas tan complicadas de explicar e de traballar a empatía .

Premendo nas portadas pódese acceder á ficha dos libros.

LECTURAS PARA O 8M

 PEQUENA ESCOLMA DE LECTURAS PARA O DÍA DA MULLER. Preme nas portadas para ver a ficha do libro.

miércoles, 2 de marzo de 2022

NOVIDADES DE MARZO

                                                              NOVIDADES MARZO 

PREME NA FOTO PARA VER AS NOVIDADES DO MES DE MARZO