lunes, 23 de mayo de 2022

21 Maio: Día da diversidade cultural

 Dende o Graxal queremos impulsar un mundo de cores. Non podiamos esquecer esta data para visualizar a diversidade cultural para o diálogo e o desarrollo.

A rapazada saíu ao patio para debuxar siluetas como Keith Haring fixo no muro de Berlín.

Siluetas nun mundo diverso , siluetas para un mundo de cores.




jueves, 19 de mayo de 2022

Canto e coro : Terra, Tanxugueiras

 A rapazada de sexto recibiu a visita dun  profe de canto e coro.  Ramón Bermejo , excelente formador vocal , acudíu ao Graxal para ensaiar a canción Terra das Tanxugueiras que interpretarán con outros coles da contorna e co IES Alfonso X. 

Actividade intercentros coordinadas dende o Graxal pola Mestra M.José de música para favorecer o paso entre etapas xunto cos responsables dos outros centros do municipio.

Hoxe o Graxal soaba a Tanxugueiras! 




sábado, 14 de mayo de 2022

Expertos en familia. Diversidade

Volvemos a ter na aula a Zeltia experta en fisioterapia xunto Aitana . 
Ambas aprendéronos un montón de curiosidades sobre o sistema nervioso, as células, o cerebro e as maravillas do noso corpo humano.
Faláronnos das CAPACIDADES de persoas con paralise cerebral ou lesións medulares. Coñecimos a maravillosa Teresa Perales campiona de natación.
E contestaron a un montón de curiosidades da nosa rapazada. 
Un mundo de cores é un mundo diverso!


viernes, 13 de mayo de 2022

RADIO CURUXA: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Da man de dúas rapazas de Cuarto B coñeceredes un chiquiño mais do homenaxeado deste ano.

Dalle ao play para escoitalo con Tania e Vera.

Adiante rapazas!!!!


martes, 3 de mayo de 2022

A CURUXA CATUXA EN LIBROLANDIA

Onte e hoxe a Curuxa Catuxa estivo no cole para contarlle uns contos ao alumnado de infantil e 1° de primaria. 




 

BANDA DESEÑADA EN 3° C

 Con motivo do día do libro a rapazada de 3° C estivo traballando a elaboración de cómics. Aquí tedes o resultado.