miércoles, 15 de junio de 2022

Lettering en Librolandia.

 No recuncho de arte da biblioteca, este ano púxose de moda o Lettering, " A arte de debuxar as letras". Grazas aos materiais e os bos consellos da teacher Susi, xa temos todas unhas artistas. 🎨





jueves, 9 de junio de 2022

Maker Graxal

 A rapazada do cole está a crear diferentes prototipos. 

Deseñan con Tinkercad os modelos para despois construilos con materiais de refugallo mais electrónico.

A rapazada comprarte con compañeiros doutros niveis as experiencias das aprendizaxes adquiridas ao longo dos procesos de construción así como as dificultades atopadas e as posibles solucións as mesmas.










 

Expertos en ciencia

 A rapazada de Cuarto A como expertos en diversos experimentos científicos.

A cativada de cuarto mostra diferentes experimentos para a rapazada de terceiro.






Araceli Paz

 A ilustradora Araceli Paz visita o Graxal para facer un obradoiro de ilustración coa rapazada.

Esta maravillosa debuxante humanizou as paredes da UCI Pediátrica do Materno Infantil da Coruña.

Na visita ao Graxal ensinou diversas técnicas para o debuxo de personaxes de cómic con diversas expresións faciais así coma corpos en movemento.

Agasallou a Librolandia con varios exemplares dos seus libros e rifou un entre a cativada. Tamén agasallounos con chapas e diversas ilustracións.

Podedes seguila en redes sociais @aracaeli_

ou no blog www.aracelipaz.net







martes, 7 de junio de 2022

Expertos no Graxal

 A rapazada de 5° de Educación Infantil recibiu a visita da policía local da Coruña. 

Pasaronno en grande. Subiron a moto e o coche de policía. Pasearon polo Temple atendendo as normas de seguridade viaria. E aprenderon un montón...

Pequenos grandes responsables












jueves, 2 de junio de 2022

Clube Béisbol e Sofbol de Cambre

 Esta semana temos no cole as profes Agus e Katia do clube de Béisbol e Sofbol de Cambre.

Están a pasar polas diferentes aulas e a nosa rapazada está a gozar coa práctica destes deportes.






RADIO CURUXA

 Novos Podcast da rapazada de cuarto .