jueves, 22 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 Alumnado de cuarto de primaria e cuarto de infantil xúntanse polo día de Rosalía como actividade de amadriñamento lector. 

Afillados cos padriños e madriñas visualizan o poema " miña casa meu lar" de Follas Novas.

Despois buscan os ingredientes do CALDO DE GLORIA polos corredores do centro explicando a súa orixe e usos culinarios.

Para finalizar realizan unha ficha .












jueves, 15 de febrero de 2024

Día internacional do cancro infantil

 Este ano colaboramos coa asociación Aladina na campaña visibilización do cancro infantil, #pañuelochallenge.

A rapazada  do centro acudiu cunha pañoleta na cabeza e realizou uns debuxos con mensaxes de ánimo para a rapazada dos hospitais.  Uns superheroes que están a loitar cada día.

Desde aquí toda a nosa forza!






lunes, 5 de febrero de 2024

Días da ilustración

 Chichi Campos é o homenaxeado este ano co gallo do día da ilustración. 

No cole ,a rapazada ,quixo realizar diversas caricaturas aprendendo dos diferentes retratos do ilustrador.

Aquí tedes unha pequena mostra da exposición.