jueves, 18 de junio de 2026

PDI: As caixa dos deseños

 Finaliza o curso e con el o PDI deste curso cheiño de deseños... 

Aquí tedes un video recopilatorio dunha pequena mostra do deseño realizado pola comunidade educativa para este proxecto. Participaron familias, alumnado, profesorado e o resto da comunidade educativa ... grazas un ano máis pola implicación na vida escolar. 



miércoles, 17 de junio de 2026

Xadrez

Como xa é tradición a rapazada do cole goza dunha xornada de xadrez no cole. Unha das actividades máis esperada do final de curso.




jueves, 7 de mayo de 2026

Radio Curuxa: Entrevistas ás mestras do programa " Observa -acción"

É o segundo ano que o centro participa no programa "observa-acción" no que o profesorado do cole visita outro centro escolar e o profesorado dese outro centro visita o noso colexio. Este intercambio ten a finalidade de compartir ideas e boas prácticas docentes.
Un ano máis a rapazada de cuarto entrevista ás mestras visitantes, en RADIO CURUXA


jueves, 16 de abril de 2026

CARLOS MEIXIDE

 A rapazada de 6⁰ de primaria desfrutaron da visita de Carlos Meixide, autor da novela infantil: Ánxela e Spencer.




 


DÍA DO CÓMIC

 Con motivo do Día do Cómic, nenos e adultos elaboramos un mural colaborativo protagonizado por personaxes de creación propia.