UN GRUPO DOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA ESTIVERON NAS AULAS DE 4°DE INFANTIL E 4°DE PRIMARIA REPRESENTANDO UNHA OBRA, QUE ELES MESMOS FIXERON, CO KAMISHIBAI SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.
martes, 30 de abril de 2019
Contacontos: A GALICIA MÁXICA DE ANTÓN FRAGUAS
Hoxe estivo en LIBROLANDIA Brais Moure contándonos cousiñas das árbores, dos paxariños, dos bosques...como facía Antón Fraguas. Xunto coa meiga Chantada puidemos voar e coñecer historias de mouros.
viernes, 26 de abril de 2019
CONSTRUÍNDO EN FAMILIA : PONTE DA XIRA POR XIANA E A SÚA NAI.
Xiana e a súa nai estiveron hoxe na clase dos osos explicando un montón de información sobre a ponte de Xira de Sigrás. Contaron que pola ponte pasa o camiño de Santiago e trouxeron follas de Albedro, unha árbore cuns froitos moi fermosos.
miércoles, 24 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO: BOOKCROOSING
Para celebrar o día do libro, preparouse unha actividade de Bookcroosing na que os nenos e nenas trouxeron contos para intercambiar. Trouxéronse 118 contos que estiveron expostos na entrada do centro onde o alumnado puido escoller o seu novo libro. Todos os libros levaban unha pequena anotación onde poñía o nome do anterior dono e que era o que máis lle gustaba do conto.
Axenda 2030: consumo responsable
martes, 23 de abril de 2019
En familia buscando construcións por Galicia.
Festexamos o día do libro cun montón de actividades.
Entre elas a presentación do primer libro de Bibliolibrolandia.
Un libro de verbas e fotografías realizado por alumnos, familias e mestres.
Está en maquetación e moi pronto o teremos na nosa biblioteca mentres tanto aquí vos deixamos un adianto. Esperamos que vos guste!
PREME AQUI PARA VER O VÍDEO
Entre elas a presentación do primer libro de Bibliolibrolandia.
Un libro de verbas e fotografías realizado por alumnos, familias e mestres.
Está en maquetación e moi pronto o teremos na nosa biblioteca mentres tanto aquí vos deixamos un adianto. Esperamos que vos guste!
PREME AQUI PARA VER O VÍDEO
sábado, 13 de abril de 2019
VISITA ÁS CONSTRUCIÓNS DE CAMBRE
ONTE AS RAPAZAS E RAPACES DE 6°DE INFANTIL ESTIVERON EN CAMBRE ONDE VISITARON ALGUNHAS DAS SÚAS IMPORTANTES CONSTRUCIÓNS. TIVERON A SORTE DE CONTAR CON MONCHO COMO GUÍA QUEN LLES ENSINOU O MUSEO ARQUEOLÓXICO ONDE SE ATOPAN OS RESTOS DUNS BAÑOS TERMAIS ROMANOS, DESPOIS ENTRARON NA FERMOSA IGREXA DE CAMBRE, UN EXEMPLO DE TEMPLO DE PEREGRINACIÓN ROMÁNICA CHEO DE SÍMBOLOS E LENDAS. SEGUIRON ANDANDO E CHEGARON AO CASTRO ONDE IMAXINARON A SITUACIÓN DAS CHOZAS E OS MUROS QUE AINDA ESTÁN ENTERRADOS. POR ÚLTIMO FORON AO PAZO DE MELLA, QUE É IMPRESIONANTE, CONTA CON POMBAL, CÁPELA, CARBOEIRA, GRANEIRA, FORNO, POZO, BEBEDEIRO PARA CABALOS...
jueves, 11 de abril de 2019
AGASALLO DÍA DAS ARTES
Bookcroosing no DÍA do LIBRO
lunes, 8 de abril de 2019
OPEN SCIENCE CAMBRE
Queremos un ano máis participar na Open Science Cambre, que terá lugar no mes de setembro. Neste taboleiro de Pinterest podedes atopar ideas para facer en familia, algún experimento relacionado coa construción e a arquitectura. Podedes traelos ao centro ao longo do mes de maio.
NO GRAXAL CONSTRUÍMOS EN FAMILIA
https://www.pinterest.es/bibliolibrolandia/open-science-2019-construimos-en-familia/more_ideas/?ideas_referrer=9
https://pin.it/qqicm5nrtu7k4n
NO GRAXAL CONSTRUÍMOS EN FAMILIA
https://www.pinterest.es/bibliolibrolandia/open-science-2019-construimos-en-familia/more_ideas/?ideas_referrer=9
https://pin.it/qqicm5nrtu7k4n
viernes, 5 de abril de 2019
O MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE NAS AULAS DE 6°DE INFANTIL
JENNY E IRENE, INVITARON HOXE AO RESPONSABLE DO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE PARA QUE LLES EXPLICARÁ AOS PEQUENOS COMO VIVÍAN OS ROMANOS E QUE É O QUE PODEMOS ATOPAR NO MUSEO. MONCHO SORPRENDEUSE DO MOITO QUE XA SABEN ESTAS RAPAZAS E RAPACES DA ÉPOCA DOS ROMANOS.
jueves, 4 de abril de 2019
CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: Damián e Hugo
Damián estivo hoxe acompañando ao seu irmán Hugo, para axudarlle a explicar aos seus compañeiros o que investigaron sobre a Pena da nosa Señora. Foi moi divertido
CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS
Emma e Carolina da FAXPG estiveron hoxe en LIBROLANDIA facendo un contacontos para o alumnado de Infantil. "Unha casa a medida" é o título do contó, unha historia que fala das construcións, das barreiras arquitectónicas, da inclusión e sobre todo do AMOR.