A MAGA ARGALLEIRA ESTIVO HOXE EN LIBROLANDIA PARA AXUDARNOS A INVESTIGAR CAL FOI O SEGREDO QUE AGOCHARON UNHAS PERSONAXES MISTERIOSAS NUHA CAIXA. OS NENOS REPARTÍRONSE EN 5 EQUIPOS E ENTREGÓUSELLES UNHA TARXETA NA QUE APARECÍA INFORMACIÓN SOBRE UNHA PERSONAXE FANTASTICA GALEGA XUNTO COA SIGNATURA TOPOGRÁFICA QUE APARECE NA PARTE INFERIOR DO LOMBO DUN LIBRO. O EQUIPO TIÑA QUE ATOPAR O LIBRO QUE INDICABA A TARXETA E ALÍ ATOPARÍAN OUTRA PISTA COA REFERENCIA DOUTRO LIBRO ONDE TERÍAN QUE ATOPAR A SEGUINTE PISTA. CANDO REUNIRAN AS 5 PISTAS E DESCOBRERAN O NOME DAS 5 PERSONAXES FANTASTICAS, QUE APARECÍAN NA ÚLTIMA PISTA XUNTO CUN NÚMERO, TERÍAN QUE COLOCAR OS NÚMEROS NO CANDADO DA CAIXA PARA PODER ABRILA E ALÍ ESTABA O TESOURO.PASARON UN BO RATO Á VEZ QUE APRENDÍAN A LOCALIZAR OS LIBROS NA BIBLIOTECA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario