Por unha educación de calidade. Axenda 2030
viernes, 29 de noviembre de 2019
jueves, 28 de noviembre de 2019
martes, 26 de noviembre de 2019
lunes, 25 de noviembre de 2019
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 5°de Primaria realizou un vídeo para amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero.
Axenda 2030 pola igualdade de xénero.
Axenda 2030 pola igualdade de xénero.
viernes, 22 de noviembre de 2019
CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: NOE E NICO CONTAN SOBRE A MELISA
Os osiños seguen investigando sobre as "plantas meigas" e nesta ocasión foi Noe xunto co seu irmán Nico os que compartiron as súas informacións sobre a Melisa. Incluso trouxeron unha planta de Melisa para que todos a puideran ver e ulir.
miércoles, 20 de noviembre de 2019
domingo, 17 de noviembre de 2019
TEATRO NA ESCOLA: CALAVERINA
Chama a atención como unas nenas de 1°de Primaria son capaces de inventar unha pequena obra, repartir os diálogos e aprendelos sen axuda. Unha obra sinxela pero con tanto éxito que tiveron que facer dous pases.
NOVOS ESPAZOS EN LIBROLANDIA
sábado, 16 de noviembre de 2019
CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: CURUXAS E MOUCHOS.
A nai de Ceive de 5°de Infantil estivo compartíndo cos pequenos as súas investigacións sobre as curuxas e os mouchos.
Compartindo historias e lendas sobre estes animais dos bosques galegos.
jueves, 14 de noviembre de 2019
martes, 12 de noviembre de 2019
domingo, 10 de noviembre de 2019
Imos cazar un oso
Marta , Iria, Yaiza y Noa inauguran a tempada de teatro na escola coa obra: Imos cazar un osos. Recibiron unha grande acollida por parte do público, tengo que realizar unha segunda función por petición dos presentes.
sábado, 9 de noviembre de 2019
FORMACIÓN DE USUARIOS 3º B
O ALUMNADO DE 3º B ESTIVO EN LIBROLANDIA FACENDO UNHA SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS. COÑECENDO OS NOVOS ESPAZOS E MATERIAIS E O SEU FUNCIONAMENTO E A LOCALIZACIÓN DOS LIBROS COA AXUDA DOS ATOBUSES DE CORES QUE AMOSAN A CDU.
ALGUNHAS ALUMNAS E ALUMNOS DESCUBRIRON UNHA LIBROLANDIA NOVA AÍNDA QUE A MAIORÍA XA LEVAN TEMPO VISITÁNDOA.
PRESENTACIÓN DA CURUXA CATUXA NAS BILIOTECAS MINICIPAIS DE CAMBRE
ONTE ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL XABIER P, DOCAMPO, PRESENCIANDO A PRESENTACIÓN DA NOSA CURUXA CATUXA COMA PERSONAXE DA COMPAÑÍA TRINKETRINKE TEATRO.
A CURUXA CATUXA, UNHA PERSONAXE QUE LEVA TEMPO NA NOSA BIBLIOTECA E QUE AS NENAS E NENOS DO GRAXAL, NESTE CURSO, SE ENCARGARON DE CREARLLE UNHA LENDA, UNHA HISTORIA .
UNHA HISTORIA Á QUE A COMPAÑÍA TRINKETRINKE TEATRO LLE DOU VIDA.
ENCHEUNOS DE ORGULLO E EMOCIÓN VER Á CURUXA CATUXA XUNTO AO RATO PILLO ACOMPAÑANDO AO NOSO QUERIDO MOUCHO LEROUCHO QUE CELEBRABA O SEU 25 ANIVERSARIO NAS BIBLIOTECAS DE CAMBRE.
AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DESTA COLABORACIÓN ENTRE LIBROLANDIA, A COMPAÑÍA TRINKETRINKE TEATRO E AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE.
CONSTRUINDO EN FAMILIA: TRASNOS E PLANTA MEIGAS NA CLASE DOS OSIÑOS
DE NOVO, DÚAS NAIS ESTIVERON NA CLASE DOS OSIÑOS PARA AMOSARLLES AS SÚAS INVESTIGACIÓNS SOBRE O TEMA DO PDI DESTE CURSO:
"UN COLE DE LENDAS".
NESTA OCASIÓN VISITOUNOS A NAI DE NEIZAN PARA EXPLICARLLES AS PROPIEDADES CURATIVAS DA MALVA, QUE LLES CONTOU QUE ERA BOA PARA MELLORAR A TOS E OS PROBLEMAS DE RESPIRACIÓN.
TAMÉN ESTIVO A NAI DE NOA COMPARTINDO INFORMACIÓN SOBRE OS TRANOS E OS CORROS DE MEIGAS ONDE BAILABAN NAS NOITES DE LUAR.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS INVESTIGACIÓNS.
jueves, 7 de noviembre de 2019
CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: OS MOUROS
A nai de Xiana, de 5°B de EI, estivo no cole para axudarnos a aprender mais información sobre o tema do PDI deste curso: "UN COLE DE LENDAS".
Falou dos mouros e os seus tesouros e lendas. Que vivian nas mamoas e castros e trouxo un dos tesouros coas ferramentas que usaban para traballar e son de ouro.
miércoles, 6 de noviembre de 2019
RECUNCHO DE ARTE : FACTORÍA 4°B
martes, 5 de noviembre de 2019
A NOSA CATUXA E O MOUCHO XUNTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE
Trinketrinke Teatro
O Moucho Leroucho cumpre 25 anos visitando as bibliotecas de Cambre e o celebra o martes 5 ás 18:30 na biblioteca Os Templarios, o día 6 na de Cambre ás 17:30, o 8 novamente nos Templarios ás 17:30 e 18:30 e o día 9 na Xabier P. Docampo da Barcala ás 17:30 h.
O seu amigo o rato Pillo (Juanillo Esteban) tenlle unha sorpresa preparada. Ademais o Moucho estará acompañado da súa nova amiga a Curuxa Catuxa (Nadia AlHariri) a quen coñeceu na biblioteca do CEIP O Graxal de Cambre.
Graciñas ao concello de Cambre por todos estes anos contando connosco e en especial á directora das súas bibliotecas Ángeles Roca, creadora do personaxe. Graciñas ás profes e ao alumnado do CEIP O Graxal, creadoras-es da Curuxa Catuxa!
O seu amigo o rato Pillo (Juanillo Esteban) tenlle unha sorpresa preparada. Ademais o Moucho estará acompañado da súa nova amiga a Curuxa Catuxa (Nadia AlHariri) a quen coñeceu na biblioteca do CEIP O Graxal de Cambre.
Graciñas ao concello de Cambre por todos estes anos contando connosco e en especial á directora das súas bibliotecas Ángeles Roca, creadora do personaxe. Graciñas ás profes e ao alumnado do CEIP O Graxal, creadoras-es da Curuxa Catuxa!
domingo, 3 de noviembre de 2019
EXPOSICIÓN CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Libros, maquetas, experimentos, investigacións... Xúntanse no corredor da entrada para que todo o mundo o poida aproveitar.