lunes, 25 de noviembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 5°de Primaria realizou un vídeo para amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero.
Axenda 2030 pola igualdade de xénero.


O PROFESORADO DO CEIP P GRAXAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.



viernes, 22 de noviembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: NOE E NICO CONTAN SOBRE A MELISA

Os osiños seguen investigando sobre as "plantas meigas" e nesta ocasión foi Noe xunto co seu irmán Nico os que compartiron as súas informacións sobre a Melisa. Incluso trouxeron unha planta de Melisa para que todos a puideran ver e ulir.




domingo, 17 de noviembre de 2019

TEATRO NA ESCOLA: CALAVERINA

Chama a atención como unas nenas de 1°de Primaria  son capaces de inventar unha pequena obra, repartir os diálogos e aprendelos sen axuda. Unha obra sinxela pero con tanto éxito que tiveron que facer dous pases. 

NOVOS ESPAZOS EN LIBROLANDIA

Aínda que todavía lle faltan algúns detalles, o English corner e o recuncho de Picasso xa teñen rapaces que lle dan uso. 



sábado, 16 de noviembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: CURUXAS E MOUCHOS.

A nai de Ceive de 5°de Infantil estivo compartíndo cos pequenos as súas investigacións sobre as curuxas e os mouchos. 
Compartindo historias e lendas sobre estes animais dos bosques galegos. 







domingo, 10 de noviembre de 2019

Imos cazar un oso

Marta , Iria, Yaiza y Noa inauguran a tempada de teatro na escola coa obra: Imos cazar un osos. Recibiron unha grande acollida por parte do público, tengo que realizar unha segunda función por petición dos presentes.

sábado, 9 de noviembre de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS 3º B

O ALUMNADO DE 3º B ESTIVO EN LIBROLANDIA FACENDO UNHA SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS. COÑECENDO OS NOVOS ESPAZOS E MATERIAIS E O SEU FUNCIONAMENTO E A LOCALIZACIÓN DOS LIBROS COA AXUDA DOS ATOBUSES DE CORES QUE AMOSAN  A CDU.
ALGUNHAS ALUMNAS E ALUMNOS DESCUBRIRON UNHA LIBROLANDIA NOVA AÍNDA QUE A MAIORÍA XA LEVAN TEMPO VISITÁNDOA.





PRESENTACIÓN DA CURUXA CATUXA NAS BILIOTECAS MINICIPAIS DE CAMBRE

ONTE  ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL XABIER P, DOCAMPO, PRESENCIANDO A PRESENTACIÓN DA NOSA CURUXA CATUXA COMA PERSONAXE DA COMPAÑÍA TRINKETRINKE TEATRO.
A CURUXA CATUXA, UNHA PERSONAXE QUE LEVA TEMPO NA NOSA BIBLIOTECA E QUE AS NENAS E NENOS DO GRAXAL, NESTE CURSO, SE ENCARGARON DE CREARLLE UNHA LENDA, UNHA HISTORIA .
 UNHA HISTORIA Á QUE A COMPAÑÍA TRINKETRINKE TEATRO LLE DOU VIDA. 

ENCHEUNOS DE ORGULLO E EMOCIÓN VER Á CURUXA CATUXA XUNTO  AO RATO PILLO ACOMPAÑANDO AO NOSO QUERIDO MOUCHO LEROUCHO QUE CELEBRABA O SEU 25 ANIVERSARIO NAS BIBLIOTECAS DE CAMBRE.

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DESTA COLABORACIÓN ENTRE LIBROLANDIA, A COMPAÑÍA TRINKETRINKE TEATRO E AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE.


CONSTRUINDO EN FAMILIA: TRASNOS E PLANTA MEIGAS NA CLASE DOS OSIÑOS

DE NOVO, DÚAS NAIS ESTIVERON NA CLASE DOS OSIÑOS PARA AMOSARLLES AS SÚAS INVESTIGACIÓNS SOBRE O TEMA DO PDI DESTE CURSO: 
"UN COLE DE LENDAS". 
NESTA OCASIÓN VISITOUNOS A NAI DE NEIZAN PARA EXPLICARLLES AS PROPIEDADES CURATIVAS DA MALVA, QUE LLES CONTOU QUE ERA BOA PARA MELLORAR A TOS E OS PROBLEMAS DE RESPIRACIÓN. 
TAMÉN ESTIVO A NAI DE NOA COMPARTINDO INFORMACIÓN SOBRE OS TRANOS E OS CORROS DE MEIGAS ONDE BAILABAN NAS NOITES DE LUAR.
 MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS INVESTIGACIÓNS.





jueves, 7 de noviembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: OS MOUROS

A nai de Xiana, de 5°B de EI, estivo no cole para axudarnos a aprender mais información sobre o tema do PDI deste curso: "UN COLE DE LENDAS". 
Falou dos mouros e os seus tesouros e lendas. Que vivian nas mamoas e castros e trouxo un dos tesouros coas ferramentas que usaban para traballar e son de ouro. 





martes, 5 de noviembre de 2019

A NOSA CATUXA E O MOUCHO XUNTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE


Trinketrinke Teatro
O Moucho Leroucho cumpre 25 anos visitando as bibliotecas de Cambre e o celebra o martes 5 ás 18:30 na biblioteca Os Templarios, o día 6 na de Cambre ás 17:30, o 8 novamente nos Templarios ás 17:30 e 18:30 e o día 9 na Xabier P. Docampo da Barcala ás 17:30 h.
O seu amigo o rato Pillo (Juanillo Esteban) tenlle unha sorpresa preparada. Ademais o Moucho estará acompañado da súa nova amiga a Curuxa Catuxa (Nadia AlHariri) a quen coñeceu na biblioteca do CEIP O Graxal de Cambre.
Graciñas ao concello de Cambre por todos estes anos contando connosco e en especial á directora das súas bibliotecas Ángeles Roca, creadora do personaxe. Graciñas ás profes e ao alumnado do CEIP O Graxal, creadoras-es da Curuxa Catuxa!

domingo, 3 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓN CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Libros, maquetas, experimentos, investigacións... Xúntanse no corredor da entrada para que todo o mundo o poida aproveitar.