jueves, 29 de noviembre de 2018

OBRADOIRO ROBÓTICA E CDU

Hoxe en  LIBROLANDIA na hora do recreo, estivemos xogando coa CDU e o escornabot. Con este xogo familiarizámonos coa localización dos libros e iniciámonos na robótica.



viernes, 23 de noviembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como o próximo domingo, 25 de NOVEMBRO, é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, os nenos e nenas de sexto de primaria ,coa axuda da sùa titora e do seu titor fixeron este video contra a violencia de xénero. Hoxe, venres 23 de novembro tamén iremos todos vestidos de negro.
Na paxina web do centro podedes ver o vídeo e aquí tedes o enlace.
https://youtu.be/IUQAvVfbCrU

As alumnas e alumnos de 4° compartiron os seus "ESLOGANS" sobre a violencia de xénero nos corredores do centro. 

jueves, 22 de noviembre de 2018

OBRADOIRO CIENCIA








CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: ENZO E A SÚA NAI COAS CASAS BAILLY

OS OSIÑOS TIVERON A VISITA DA NAI DE ENZO PARA EXPLICARLLES TODO O QUE INVESTIGARON SOBRE AS CASAS BAILLY QUE SE ATOPAN MOI PRETO DO COLE. UNHAS CASAS CHEAS DE HISTORIA E MISTERIO QUE FIXERON QUE OS MAIS PEQUENOS AMOSARAN GRAN INTERESE.

"CONSTRUÍNDO HISTORIA, INTERESE E APEGO POLO PRÓXIMO EN FAMILIA"

miércoles, 21 de noviembre de 2018

OBRADOIRO CIENTÍFICO

Dentro das celebracións do mes da ciencia, mañá xoves na hora do recreo terá LUGAR, en LIBROLANDIA, un OBRADOIRO CIENTÍFICO sobre o funcionamento de máquinas simples (poleas, balanzas...)  

HIXIENE BUCODENTAL


Onte as nenas e nenos de 1° estiveron en LIBROLANDIA onde participaron  nunha interesante charla de HIXIENE BUCODENTAL impartida por alumnas do ciclo de HIXIENE BUCODENTAL de Monte Alto. 
Axenda 2030 saúde e benestar. 



viernes, 16 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na entrada do centro temos unha pequena selección de contos para traballar a violencia de xénero e a igualdade.

miércoles, 14 de noviembre de 2018

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: A NAI DE XOEL E A RÍA DO BURGO

OS OSIÑOS ESTIVERON NESTA OCASIÓN APRENDENDO SOBRE A RÍA DO BURGO CON XOEL E A SÚA NAI QUE INVESTIGARON SOBRE A FORA, A FAUNA E A IMPORTANCIA DA LIMPEZA E COIDADO DA NOSA RÍA.

"CONSTRUÍNDO VALORES, RESPECTO E APRENDIZAXE EN FAMILIA"

martes, 6 de noviembre de 2018

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: A NAI DE NICO E O PARAUGAS DO TEMPLE

EVA , A NAI DE NICO, ESTIVO NA CLASE DOS OSIÑOS AMOSANDO UN MONTÓN DE COUSAS, QUE ESTIVERON INVESTIGANDO PARA O PROXECTO DE AULA "CAMBRE EN IMAXES",  SOBRE O PARAUGAS DO TEMPLE.
OS MÁIS PEQUENOS AMOSARON MOITO INTERÉS NESTA CONSTRUCIÓN TAN PRÓXIMA A ELES.



"CONSTRUÍNDO CULTURA, CURIOSIDADE E DIVERSIÓN EN FAMILIA"

lunes, 5 de noviembre de 2018

LIBROLANDIA COA CIENCIA

Na entrada do centro durante todo o mes de Novembro teremos unha gran exposición de libros relacionados coa ciencia. Lembra pasar pola biblioteca se queres levar algún para casa.


NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Atentos durante este mes realizaremos na biblioteca obradoiros e actividades de ciencia, matemática e robótica.
Lembrade mirar o panel da entrada! Nel atoparedes toda a información.