martes, 27 de abril de 2021

Galicia en ruta, andaina galega!

A rapazada de terceiro A investigou sobre diversos lugares da xeografía galega. Ríos, praias, lagoas, serras, illas... Podedes ver, escoitar e coñecer moitos enclaves da nosa fermosa terra galega. Festeiros de terceiro en ruta!

Steam

A rapazada está a crear tarxetas con circuitos eléctricos. Empregan cinta de cobre, leds e pilas. Aquí tedes unha pequena mostrar

viernes, 23 de abril de 2021

Ciclo de vida da ra

 

DÍA DO LIBRO 20-21. NO GRAXAL SEGUIMOS A RUTA DO ITINERARIO LECTOR.

 No día do libro presentamos a ruta do itinerario lector do Graxal. Segue o camiño dos fitos ata LIBROLANDIA.

A rapazada de cada clase realizou un fito do camiño no que amosan a través da creación de debuxos, palabras, textos... o que máis lles gustou sobre un dos libros que leron neste curso. Todos estes fitos xuntos nos axudan a seguir o camiño, a ruta cara máis aventuras, novidades, experiencias... cara esas "xeografías lectoras" que podemos atopar en LIBROLANDIA.

Felíz día do libro!





domingo, 11 de abril de 2021

Novo Tertulión deportivo en Radiocuruxa

 Novamente o alumnado colaborador de 6ºB fai unha tertulia sobre a xornada deportiva na que amosa a súa repulsa ante 2 actos de carácter machista e racista que aconteceron na actualidade deportiva.

Documental de animais


A cativada de primeiro fixo éste marabilloso documental sobre os animáis. 
Incrible traballo rapaces!

viernes, 2 de abril de 2021

DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. NOVIDADES MES DE ABRIL

Estamos de conmemoración do Día do Libro Infantil, hoxe o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo desta celebración é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Queremos aproveitar esta data para amosarvos as novidades dos mes de Abril.