Os pequechos de primeiro están a gozar cos abradoiros de Samaín ... Son moi molones!
A tope de diversión!
Os pequechos de primeiro están a gozar cos abradoiros de Samaín ... Son moi molones!
A tope de diversión!
A rapazada do Graxal anda a argallar algo....
Que estarán a comentar?
Dalle ao play
Algo está a pasar....
A bruxa Regañadentes anda polo Graxal. Ten moito coidado! Procura levar algún obxecto máxico no peto por se te atopas con ela.
Unha vez mais temos que agradecer ás familias a colaboración para a ambientación do centro.
O corredor do Graxal está de medo!
Dalle ao play !!!
Axentes da policía local de Cambre imparten seguridade viaria á rapazada do Graxal.
Ao longo desta semana pasarán por todas as aulas para educar a cativada. Terán unha sesión teórica na aula mais unha sesión práctica.
Expertos no Graxal
Despois de varios anos de pandemia por fin volta ao Graxal unha das actividades que mais gusta a mestres e cativos .
Os acompañamentos lectores , alumnado dos cursos superiores amadriñan a alumnado de cursos mais baixos.
Nestas sesións de acollemento comparten lecturas, ilustracións, adiviñas , manualidades, dramatizacións... Pero sobretodo aprendizaxe e emocións.
Non podía faltar o Moucho! Unha vez mais está de volta no Graxal facendo gozar a nosa rapazada da literatura.
#bescolares #bescolaresgalaberta #plambe #bibliotecacreativa
Dende o Graxal queremos por en valor as nosas tradicións e costumes.
Fai un par de anos varias aulas do noso centro festexaron unha maravillosa foliada. Nesta ocasión sumámonos á festa algunhas aulas mais.
Esta festa tivo tal acollida que esperamos que nos vindeiros anos se sume toda a comunidade educativa.
Aquí tendes un pequeno resumo en forma de vídeo.
#amosarte #plambe #bescolaresgal
O 17 de outubro é a data escollida para a celebración do día das escritoras, este ano baixo o lema: "Antes , durante e despois das guerras"
Dende Librolandia preparamos esta presentación escollendo a nosa benquerida Paula carballeira como unha das escritoras a homenaxear. No seu libro "O principio" reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precaridade , a fortaleza ante o drama humano.
Nestes días temos no cole a maleta literaria CONTOS PARA UN PLANETA.
Toda a comunidade educativa pode gozar con éstas lecturas que irán rulando por diferentes corredores do centro. CEIDA
#bibliotecasolidaria #plambe #bibliolibrolandia
Os nosos benqueridos colaboradores van polas aulas explicando as normas de funcionamento da biblioteca.
Por fin , despois de dous longos anos de pandemia e postpandemia Librolandia volveu abrir as portas no tempo de lecer.
Canto disfrutamos vendo gozar a nosa rapazada.