viernes, 4 de diciembre de 2015

OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TIVERON A SORTE DE GOZAR COA VISITA DO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO QUE LLES ESTIVO FALANDO DO SEU LIBRO "CHAMÁDEME SIMBAD". OS RAPACES AGASALLÁRONO CUN FERMOSO LIBRO FEITO POR ELES COS DEBUXOS SOBRE ESTA OBRA.PARA REMATAR O AUTOR ASINOU OS LIBROS DOS NENOS E NENAS.

jueves, 19 de noviembre de 2015

JOSÉ ANTONIO ABAD VARELA

VISITA: JOSÉ ANTONIO ABAD VARELA

HOXE OS ALUMNOS DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON A SORTE DE CONTAR CA VISITA DE JOSE ANTONIO ABAD VARELA, AUTOR DE NUMEROSOS LIBROS MUSICADOS.
RELATOUNOS O CONTO "O CARNAVAL DE LOS ANIMALES" ACOMPAÑADO DA SÚA FERMOSA MÚSICA.


jueves, 12 de noviembre de 2015

jueves, 5 de noviembre de 2015

MOUCHO LEROUCHO

A PASADA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CA VISITA DO MOUCHO. COMA SEMPRE GOZAMOS COS SEUS CONTOS, A SÚA MÚSICA  E AS SÚAS HISTORIAS.



MOCHILAS VIAXEIRAS

XA EMPEZARON O SEU PERCORRIDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS.
ESPERAMOS QUE TODA A FAMILIA DISFRUTE DUN FANTASTICO MOMENTO DE LECER CON TODO O QUE ATOPAREDES NO SEU INTERIOR.



miércoles, 21 de octubre de 2015

NOVA TEMPADA DE "OS VENRES CONTACONTOS"

ESTE VENRES COMEZAMOS COS CONTACONTOS, UNHA BONITA FORMA DE FESTEXAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES QUE SE CELEBRA O DÍA 24 DE OUTUBRO.


lunes, 12 de octubre de 2015

miércoles, 30 de septiembre de 2015

XAIME E AS LANDRAS

AQUÍ TEDES UN XOGO MOI PROPIO PARA A ESTACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS E ADEMÁIS TRATA DUN FERMOSO CONTO QUE TEMOS EN LIBROLANDIA.



GRAXALTIC INFANTIL: XAIME E AS LANDRAS: http://chiscos.net/almacen/lim/xaime1/lim.swf?libro=xaime.lim

domingo, 27 de septiembre de 2015

El Poder de un Abrazo

EMOCIÓNS

LIBROLANDIA NESTE NOVO CURSO PROPÓN COMO TEMÁTICA PARA TRABALLAR "AS EMOCIÓNS", XA QUE CONSIDERAMOS QUE EDUCAR A MENTE SEN EDUCAR O CORAZÓN, NON É EDUCAR EN ABSOLUTO. 
AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS TÍTULOS QUE TEMOS EN LIBROLANDIA SOBRE ESTA TEMÁTICA.

jueves, 24 de septiembre de 2015

ESTAMOS DE VOLTA!!!!

COMEZAMOS NOVO CURSO E CON EL LIBROLANDIA SEGUIRÁ CUN FEIXE DE ACTIVIDADES PARA QUE TODOS POIDAMOS GOZAR DE NOVAS HISTORIAS, CONTACONTOS, TEATROS E LECTURAS.



jueves, 11 de junio de 2015

VISITA ANXO MOURE

OS NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL, O MARTES TIVERON A SORTE DE CONTAR CA PRESENZA DE ANXO MOURE, AUTOR DE "O CARBALLO CON BOTAS". CONTOUNOS CONTOS, FALOUNOS DA IMPORTANCIA DE COIDAR OS NOSOS BOSQUES E OS NOSOS RIOS E TODO ISTO RODEADO DE RISAS E POESÍA.



ANXO MOURE ASINOU OS LIBROS DE TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
EN CLASE DE INFORMÁTICA MOITOS DELES XOGARON CO XOGO DE "O CARBALLO CON BOTAS" QUE TEMOS NA PÁXINA DE GRAXALTIC

miércoles, 13 de mayo de 2015

CORRELINGUA 2015

A Coruña


Mañá xoves día 14 os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil e 1º e 3º de Ed. Primaria participaran no Correlingua que terá lugar na Coruña.

lunes, 27 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O PASADO 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, O PATIO DO NOSO CENTRO ENCHEUSE DE LIBROS. OS PADRIÑOS XUNTO COS SEUS AFILLADOS POIDERON GOZARON DE GRANDES E PEQUENAS LECTURAS, SEN ESQUECER OS FERMOSOS AGASALLOS QUE LLES OFRECERON OS AFILLADOS.

lunes, 20 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

CATUXA, A NOSA CURUXA, ESTIVO VOANDO POLAS AULAS DO NOSO CENTRO TRASMITINDO UNHA MENSAXE MOI IMPORTANTE.
  XA CHEGA O DÍA DO LIBRO!!!
O XOVES 23 DE ABRIL FESTEXAREMOS ESE DÍA ENTRE "PADRIÑOS E AFILLADOS LECTORES". AQUÍ VOS DEIXO A MENSAXE DE CATUXA PARA QUE LEMBREDES TODOS OS DETALLES.


domingo, 12 de abril de 2015

domingo, 29 de marzo de 2015

II CONCURSO MARCAPÁXINAS, DÍA DO LIBRO DA LIBRARÍA SANTOS OCHOA

UNHA DAS LIBRARIAS DA CORUÑA CELEBRA O II CONCURSO DE MARCAPÁXINAS POLO DÍA DO LIBRO E ALGÚNS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º NON QUIXERON PERDER A OCASIÓN DE PARTICIPAR. AQUI TEDES ALGÚNS DOS MODELOS QUE FIXERON.

jueves, 26 de marzo de 2015

VIDEO-CONTO

OS ALUMNOS DE 6º ESTÁN TRABALLANDO A CREACIÓN DE CONTOS EN VIDEO. AQUÍ TEDES O PRIMEIRO DE ELES.

miércoles, 18 de marzo de 2015

LEDICIA COSTAS. ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA

HOXE EN LIBROLANDIA, OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE ED. PRIMARIA TIVERON A SORTE DE RECIBIR A LEDICIA COSTAS, PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2014. CON ELA PUIDERON CONVERSAR SOBRE A SÚA OBRA "ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA" .

martes, 10 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN 6º PRIMARIA: A LEITEIRA

                     O 8 DE MARZO FESTEXAMOS O DÍA DA MULLER E AS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA PREPARARON UNHA FERMOSA EXPOSICIÓN.
PARTINDO DUN CONTO POPULAR COMO É A LEITEIRA TRABALLARON DISTINTOS ARTISTAS COMO LUIS SEOANE E VERMEER E INVESTIGARON  SOBRE A TRADICIÓN DAS LEITEIRAS NA NOSA CULTURA. 
                       
                                                     
                

AQUI TEDES AS FOTOS PERO NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE CONTEMPLALAS EN DIRECTO.

CONTACONTOS: THE COUNTRY MOUSE AND THE CITY MOUSE

AQUI TEDES ALGUNHAS DAS FOTOS DO CONTACONTOS QUE TIVEMOS ONTE EN LIBROLANDIA..

viernes, 20 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

O VINDEIRO MARTES,  DÍA 24 DE FEBREIRO, CELÉBRASE EN GALICIA O DÍA DE ROSALÍA, NO QUE SE CONMEMORA O 178º ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO. 
EN LIBROLANDIA OS ALUMNOS DE 5º DE ED. PRIMARIA FARÁN UNHA PEQUENA PONENCIA NA QUE EXPOÑERÁN A VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO, A ESCRITORA GALEGA MÁIS REPRESENTATIVA DA NOSA TERRA.
ESTADES INVITADOS!!

MOUCHO LEROUCHO


lunes, 16 de febrero de 2015

VISITA DE VICENTE MUÑOZ PUELLES


 O PASADO MÉRCORES OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA PUIDERON CHARLAR CON VICENTE MUÑOZ PUELLES AUTOR DOS LIBROS "ÓSCAR Y EL LEÓN DE CORREOS Y ÓSCAR Y EL RIO AMAZONAS", LECTURAS QUE FIXERON NESTE TRIMESTRE.