fondo
Etiquetas
- #amosarte
- #FICANACASA
- #undianacasaunconto
- AMI
- AXENDA 2030
- AXENDA CULTURAL
- CELEBRACIÓNS
- Colaboradores
- CONSTRUÍNDO EN FAMILIA
- CORES
- Equilibrio PDI
- ESPAZOS CREATIVOS
- EXPERTOS
- FORMACIÓN USUARIOS
- GALICIA EN RUTA
- LENDAS
- LETRAS GALEGAS
- NOVIDADES
- open Science
- PATIO EN XOGO PDI
- PROXECTO CONSTRUIMOS
- RADIO
- SOLIDARIA
- Teatro
- VÍDEOS
- VISITAS AUTORES
miércoles, 23 de febrero de 2022
Día de Rosalía
Nos corredores do cole a propia Rosalía expón algunhas das suas obras ademais de diferentes obras nas que ela é a protagonista.
Para rematar esta data de aniversario , toda a rapazada do cole agasallou a nosa Rosalía cun fermoso muro de fitas de cores coas súas verbas.
As cores das verbas de Rosalía
jueves, 17 de febrero de 2022
CONTACONTOS DA CURUXA CATUXA
Onte e hoxe tivemos a sorte de contar coa CURUXA CATUXA no noso centro, que veu para facer pasar un moi bo rato á rapazada de 4º e 6º de infantil cos seus contos.
Este personaxe da compañía de teatro Trinketrinke é moi especial para a nosa biblioteca, xa que xurdiu dunha colaboración entre Librolandia e a compañía do noso querido Moucho Leroucho. O alumnado do noso centro foi o encargado de aportar ideas de como podería ser a Curuxa Catuxa e a compañía Trinketrinke teatro foi a encargada de darlle vida.
martes, 15 de febrero de 2022
viernes, 11 de febrero de 2022
DÍA DA RADIO: OS 12 PRIMEIROS PODCAST DO CURSO 2021-2022 EN RADIOCURUXA.
Nada mellor que a celebración do día da radio, no 13 de febreiro, para facer balance do uso da radio neste curso 2021-2022.Neste primeiro trimestre que pasou do curso RADIOCURUXA non parou de funcionar. Comezamos con dúas xornadas de formación a cargo de Loreto Silvoso e Pablo Portabales para continuar empregando as ondas para comunicar o aprendido nos proxectos da aula, para facer entrevistas e para dar a coñecer algunhas das afeccións do noso alumnado. 📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻
jueves, 10 de febrero de 2022
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA, RADIO CURUXA
Librolandia toma a palabra na voz das nenas do Clube de Ciencias e as rapazas de terceiro e cuarto de primaria. As inquedanzas científicas da nosa cativada son imparables.
Nesta ocasión empregaran as ondas para explicarnos palabras científicas significativas para elas...
Dalle ao play!
martes, 8 de febrero de 2022
NOVIDADES FEBREIRO
Despois dun pequeno parón no mes de xaneiro por estar actualizando o sistema de xestión da biblioteca ( somos dos primeiros centros que migraron de MEIGA a KOHA) aquí temos as NOVIDADES DOS MES DE FEBREIRO.
jueves, 3 de febrero de 2022
Radio Curuxa: As Tanxugueiras
A rapazada de Cuarto A fálannos das Tanxugueiras e dannos a súa opinión sobre o BenidormFest
Suscribirse a:
Entradas (Atom)