martes, 17 de diciembre de 2019

VISITA LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas estivo hoxe en LIBROLANDIA co alumnado de 5°. A biblioteca aínda non está a pleno rendimiento despois das obras de colocación de tarima no chan pero puidemos gozar coas anécdotas de Ledicia. Todos quedaron encantados e a espera da publicación da segunda parte da "Señorita Bubble" que lles prometeu.



miércoles, 11 de diciembre de 2019

Obras en LIBROLANDIA

Temos a biblioteca patas para arriba e os rapaces hoxe non pararon de axudar a mover libros, caixas, mesas, caderas... 
Estamos desexando ver que tal queda todo. 


martes, 10 de diciembre de 2019

OBRAS EN LIBROLANDIA

A nosa biblioteca está pechada por obras. Imos facerlle un lavado de cara e mellorar a sinalización e organización dos fondos. Os nosos colaboradores están traballando arreo xunto co equipo de biblioteca para preparar todo para comenzar o ano cunha nova LIBROLANDIA. 




lunes, 9 de diciembre de 2019

sábado, 7 de diciembre de 2019

TEATRO ESCOLAR: O ZAMPÓN

Alumnas e alumnos de 5º representaron este xoves "O Zampón", a historia dun ser mítico galego. Foi moito o alumnado que non se quixo perder esta obra sobre a temática do noso PDI "UN COLE DE LENDAS"




NOVIDADES DECEMBRO






jueves, 5 de diciembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: MARCO E A SÚA NAI INVESTIGAN SOBRE O ACIVRO

Outra das "plantas meigas" que xa coñecen os osiños é o acivro, grazas as investigacións que fixeron Marco xunto coa súa nai, e que non dubidaron en compartir con toda a clase.



miércoles, 4 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS: ALUMNADO DE 3ºA

O ALUMNADO DE 3º A FIXO VARIAS INVESTIGACIÓNS EN GRUPOS COOPERATIVOS SOBRE DISTINTOS TEMAS DE CIENCIAS. TRABALLARON NA AULA E DESPOIS COMPARTIRON AS SÚAS INVESTIGACIÓNS CO RESTO DO ALUMNADO EN VARIAS SESIÓNS QUE SE FIXERON NA AULA DE CRISTAL NA HORA DO RECREO.







lunes, 25 de noviembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 5°de Primaria realizou un vídeo para amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero.
Axenda 2030 pola igualdade de xénero.


O PROFESORADO DO CEIP P GRAXAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.



viernes, 22 de noviembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: NOE E NICO CONTAN SOBRE A MELISA

Os osiños seguen investigando sobre as "plantas meigas" e nesta ocasión foi Noe xunto co seu irmán Nico os que compartiron as súas informacións sobre a Melisa. Incluso trouxeron unha planta de Melisa para que todos a puideran ver e ulir.




domingo, 17 de noviembre de 2019

TEATRO NA ESCOLA: CALAVERINA

Chama a atención como unas nenas de 1°de Primaria  son capaces de inventar unha pequena obra, repartir os diálogos e aprendelos sen axuda. Unha obra sinxela pero con tanto éxito que tiveron que facer dous pases. 

NOVOS ESPAZOS EN LIBROLANDIA

Aínda que todavía lle faltan algúns detalles, o English corner e o recuncho de Picasso xa teñen rapaces que lle dan uso. 



sábado, 16 de noviembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: CURUXAS E MOUCHOS.

A nai de Ceive de 5°de Infantil estivo compartíndo cos pequenos as súas investigacións sobre as curuxas e os mouchos. 
Compartindo historias e lendas sobre estes animais dos bosques galegos.