Velaquí os gañadores do concurso de debuxo manga. Noraboa rapazada!
Recibiron cadanseu agasallo .Un libro manga mais un bolígrafo solidario "un xoguete unha ilusión", da fundación "Crecer jugando" .
Velaquí os gañadores do concurso de debuxo manga. Noraboa rapazada!
Recibiron cadanseu agasallo .Un libro manga mais un bolígrafo solidario "un xoguete unha ilusión", da fundación "Crecer jugando" .
A rapazada de Cuarto A deseñou co programa Tinkercad bolas de Nadal para a imprimir na impresora 3d. Somos biblioteca creativa!
Rematou o mes de Novembro, e presentamos unha recompilación das actividades que se realizaron relacionadas coas ciencia. Neste Genially poderedes atopar a exposición con aportacións de numerosas aulas e un montón de actividades como obradoiros nos que se empregan os fondos e materiais da biblioteca, visitas escolares, a visita de expertas como nais e Carmen a nosa compañeira do equipo de limpeza, emprego da impresora 3D e os comezos do noso Club de ciencias.
Non deixedes de descubrir todo o que aprendemos neste mes da ciencia!
Hoxe foi a quenda de cuarto A para a formación de radio na escola.
Recibiron formación do compañeiro de Loreto Silvoso no programa das mañás de Radio Voz Coruña , Pablo Portabales.
Dalle ao play
Contamos coa visita de Loreto Silvoso de Radio Voz para a formación do programa Radio na escola.
A cativada de cuarto puido gozar coa simpatía e a profesonalidade da locutora de radio Loreto Silvoso que aprendeulles diversas técnicas para ser radio falantes.
Dalle ao play
A rapazada de cuarto co acompañamento da mestra Andrea Pérez nun obradoiro sobre a luz e as cores.
Pronto poderedes ver o vídeo completo coa exposición de todo o que se está a facer éste mes no centro.