Coma todos os anos desde o CEIP P GRAXAL non queremos deixar pasar esta data sen traballar co noso alumnado a importancia da igualdade e da loita contra a violencia de xénero.
Desde a biblioteca fixemos unha pequena escolma de lecturas pola igualdade moitas das cales xa se atopan repartidas polas aulas nas caixas para a hora de ler.
O equipo de actividades extraescolares e complementarias organizou unha actividade na que participaron todas as nenas e nenos do centro aportando unha bolboreta para un mural que leva por lema "FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA: NON"
O alumnado de 5º realizou un vídeo de repulsa contra a violencia de xénero no que comparten protagonismo co "Paraugas" símbolo do noso barrio.
A rapazada de 6º de infantil traballou o conto de Artur e Clementina de Adela Turin e fixeron un pequeno traballo que expuxeron na fiestra da aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario