miércoles, 30 de junio de 2021

A RAPAZADA DE 1º NA RADIO E CREANDO VÍDEOS

 A RAPAZADA DE PRIMEIRO NON QUIXO DEIXAR PASAR A OCASIÓN DE COMPARTIR CON TODOS NÓS OS FERMOSOS LIBROS QUE ESTIVERON A LER DE "RAPUNZEL CON PIOLLOS" DO HEMATOCRÍTICO E O LIBRO "CONTO DE RATIÑOS" DE  ARNOLD LOBEL. NESTA OCASIÓN EMPREGARON A RADIO E UN VÍDEO NO QUE FAN TEATRO DE TÍTERES EMPREGANDO O CROMA.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!

lunes, 21 de junio de 2021

Expertas científicas

 Expertas científicas levan a ciencia e os experimentos ás aulas. 

Dalle ao play



Expertos en ruta

 Elena e Hugo expoñen Lendas de Galicia como expertos do proxecto : "Galicia en ruta, andaina galega". 





viernes, 18 de junio de 2021

PODCAST 3A : FERVENZA AVENTURA

A cativada de terceiro A cóntanos como foi a excursión de fin de curso ao parque de aventuras: Fervenza Aventura.

Comezamos




miércoles, 16 de junio de 2021

Podcast da rapazada de Segundo B: Escritoras e escritores galegos

A cativada de segundo B traballou os escritores galegos dentro do PDI Galicia en ruta andaina galega.
Aquí tedes unha parte do seu proxecto en forma de Podcast.
Adiante.


lunes, 14 de junio de 2021

Colaboradores 20-21

 Despedimos un ano máis aos colaboradores de biblioteca. Ao longo do curso fan cartelería, axudan nos préstamos, vixiancia e ordenación da biblio, propoñen lecturas para mercar... e un montón de tarefas imprescindibles. 

Agradecemos a colaboración e agasaiámolos cunha mochila, unha libreta e un marca páxinas das Bibliotecas Escolares de Galicia

#plambe #bibliotecasolidaria #bibiotecacreativa 



Actividades de fomento da lectura

 O alumnado de terceiro de primaria tivo a sorte de poder falar con Ledicia Costas por vídeo conferencia sobre a colección dos Minimortos. 

Descubriron moitas curiosidades sobre estas divertidas pantasmas de conto. 

Ademais preguntáronlle a Ledia curiosidades tales camo cal é a súa cor favorita, os libros preferidos, cando cumpre anos , cantos libros ten escritos , a que videoxogos xoga... 








viernes, 11 de junio de 2021

NA PRAIA, NO MONTE OU DE VIAXE LEVA UN LIBRO DE EQUIPAXE. GUÍA DE LECTURA VERÁN 2021

 Xa se achega o verán e non queremos deixar pasar a ocasión de amosarvos as nosas recomendacións. 

viernes, 4 de junio de 2021

Galicia en ruta, andaina galega

 Neste vídeo o noso alumnado explica a ruta de aprendizaxe que emprendimos neste curso. 

Familias , cativos e mestres así como o resto da comunidade educativas camiñaron xuntos enriquecendo éste proxecto a cada paso. 

Ao longo desta aventura coñecemos a fauna, os bosques, as cidades, lugares fermosos, camiños, as hortas, o mar, illas, xogos tradicionais ,arte, personaxes fantásticos, deportistas de sona, escritoras e escritores, alimentos con denominación de orixe, festas e moito moito entroido... 

Grazas un ano máis por participar desta viaxe. 

Seguimos en ruta! 




jueves, 3 de junio de 2021

Mañá . Gran estrea!!!

 A pandemia fixo cambiar algún dos nosos costumes. Este ano non podemos facer o pase de portas abertas e presentación do proxecto anual como habitualmente. Pero coma sempre buscamos xeitos de achegarvos todo o traballo realizado ao longo deste complexo curso.

Mañá o alumnado presentará toda a andaina desenvolvida nun vídeo no que recorreremos a ruta educativa trazada neste ano.

Galia en ruta andaina galega

Os expertos do Graxal



  

A horta

 A rapazada de segundo A fíxonse expertos da horta. Comparten connos éste vídeo para ensinarnos algo do que aprenderon. 

Proxecto: Galicia en ruta ,andaina galega.