viernes, 4 de junio de 2021

Galicia en ruta, andaina galega

 Neste vídeo o noso alumnado explica a ruta de aprendizaxe que emprendimos neste curso. 

Familias , cativos e mestres así como o resto da comunidade educativas camiñaron xuntos enriquecendo éste proxecto a cada paso. 

Ao longo desta aventura coñecemos a fauna, os bosques, as cidades, lugares fermosos, camiños, as hortas, o mar, illas, xogos tradicionais ,arte, personaxes fantásticos, deportistas de sona, escritoras e escritores, alimentos con denominación de orixe, festas e moito moito entroido... 

Grazas un ano máis por participar desta viaxe. 

Seguimos en ruta! 




3 comentarios: