martes, 21 de enero de 2020

ABRIMOS LIBROLANDIA

Aínda non temos todo o mobiliario novo, nin a biblio perfecta pero debido ás numerosas peticións de rapaces e mestres hoxe abrimos de novo LIBROLANDIA. As caras de sorpresa e os comentarios do alumnado fainos creer que os cambios foron acertados. Tarima flotante no chan, cambio de mesas e cadeiras, expurgo de libros, colocación dos libros por autor, sinalización dos libros de galego cunha pegatina, pegatina nos libros de información da imaxe da CDU a qué corresponde, creación do recuncho libros para a lembranza, mellora no English corner.... E seguimos. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario