lunes, 27 de mayo de 2019

CONTACONTOS EN FAMILIA

Mañá na hora do recreo temos un novo contacontos en Familia, a cargo de Alejandra e Sara, nai e fillas. 


NOVIDADES MES DE MAIO








CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN PROBLEMAS AUDITIVOS

O pasado xoves, Emma e Javi da FAXPG estiveron de novo en LIBROLANDIA. Nesta ocasión co alumnado de 2°, 5° e 4° de Primaria, para darles a coñecer as barreiras de comunicación que se atopan as persoas con problemas auditivos. 
Axenda 2030 redución das desigualdades.


miércoles, 22 de mayo de 2019

VISITA MOUCHO LEROUCHO

Onte e hoxe estivo en LIBROLANDIA o Moucho Leroucho contándonos novas historias de Lonxe de Todo.


sábado, 18 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FESTIVAL E EXPOSICIÓN DO PROXECTO CONSTRUÍMOS

O xoves foi un día moi especial. 
Quixemos homenaxear a Antonio Fraguas, no día das Letras Galegas facendo o que el facía. Comezamos cun festival, onde o alumnado cantou e bailou pezas do cancioneiro popular, cun toque de modernidade da mestra María José de música. A continuación, as familias puideron entrar para ver a exposición que resultou, do proxecto de investigacion "CONSTRUÍMOS", no que participaron alumnos, mestres e familias.
Estamos preparando un vídeo, pero mentres deixámosvos unhas imaxes do día. 






Tedes máis imaxes no Facebook e no Instagram de Librolandia. 

miércoles, 15 de mayo de 2019

Construimos

Un éxito este material, temos un grupo de arquitectos creando todos os recreos en Bibliolibrolandia.


martes, 14 de mayo de 2019

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS

XA TEMOS NA ENTRADA UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2019 ADICADAS A ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. NESTA SEMANA A MÚSICA PARA AS ENTRADAS, AS SAÍDAS E NA HORA DO RECREO PERTENCEN AO DISCO "CANTA MIÑA PEDRA,CANTA" ADICADO A ANTONIO FRAGUAS.

PASAPALABRA DE ANTONIO FRAGUAS

HENAR E ALBA DE 4º B ELABORARON UN PASAPALABRA SOBRE A VIDA E OBRA DE ANTONIO FRAGUAS. O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA FOI O PRIMEIRO EN PARTICIPAR E VIVÍRONSE MOMENTOS MOI EMOCIONANTES.





domingo, 12 de mayo de 2019

Vida e obra de Antonio Fraguas - 5º Colexio San Pío X (Ourense) #LetrasG...


Seguimos achegándonos a figura de Antonio Fraguas, que neste 2019 é o homenaxeado no Día das Letras Galegas. Neste vídeo feito por alumnos do cole San Pio X de Ourense podemos descubrir como foi a súa vida.

sábado, 11 de mayo de 2019

VENRES CONTACONTOS

O venres tivemos unha nova sesión de "venres contacontos" a cargo de alumnas de 4°de Primaria. 


MARÍA CANOSA CO ALUMNADO DE 1°

María Canosa estivo de novo en LIBROLANDIA, nesta ocasión coa rapazada de 1°, que estiveron moi atentos escoitando as historias da escritora. Para rematar, a autora non dubidou en asinarlles os libros e despedíuse cunha forte aperta. 






viernes, 10 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 festexaremos o día das letras galegas adicado éste ano a Antón Fraguas.  Estades todos convidados a participar connosco deste festexo. Ao rematar o festival poderedes entra no cole e ver a exposición do proxecto deste ano "construimos" , entre outras moitas actividades poderedes ver o noso primeiro libro editado " EN FAMILIA BUSCANDO CONSTRUCIÓNS POR GALICIA"