Mostrando entradas con la etiqueta AXENDA CULTURAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AXENDA CULTURAL. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de octubre de 2022

O Moucho está de volta

 Non podía faltar o Moucho! Unha vez mais está de volta no Graxal facendo gozar a nosa rapazada da literatura.

#bescolares #bescolaresgalaberta #plambe #bibliotecacreativa








jueves, 19 de mayo de 2022

Canto e coro : Terra, Tanxugueiras

 A rapazada de sexto recibiu a visita dun  profe de canto e coro.  Ramón Bermejo , excelente formador vocal , acudíu ao Graxal para ensaiar a canción Terra das Tanxugueiras que interpretarán con outros coles da contorna e co IES Alfonso X. 

Actividade intercentros coordinadas dende o Graxal pola Mestra M.José de música para favorecer o paso entre etapas xunto cos responsables dos outros centros do municipio.

Hoxe o Graxal soaba a Tanxugueiras! 




domingo, 12 de diciembre de 2021

15 DE DECEMBRO, DÍA OTAKU. MANGAS E I CONCURSO DE DEBUXO OTAKU/2021

A palabra otaku (おたく, オタク, ヲタク?) emprégase popularmente en Xapón e en outros países e  converteuse en sinónimo de persoa con afeccións apaixonadas ó anime ou manga.

En LIBROLANDIA queremos celebrar esta data estreando novos títulos de mangas e propoñendo o 
I  Concurso de debuxo Otaku/2021. Aquí tedes algúns dos novos mangas e as bases do concurso.  Os debuxos do concurso publicaranse no Facebook de LIBROLANDIA  e haberá un premio ó debuxo con máis " ME GUSTA". 



 

viernes, 12 de noviembre de 2021

Día das librerías

Co gallo do día das librerías saimos co alumnado de terceiro e quinto na procura de libros para a nosa biblioteca. Non hai mellor xeito de asegurarnos que as lecturas sexan atractivas para a rapazada que cando as escollen eles mesmos. Visitamos a librería Ler do Temple pola proximidade ao centro, para facer a compra

domingo, 11 de abril de 2021

Novo Tertulión deportivo en Radiocuruxa

 Novamente o alumnado colaborador de 6ºB fai unha tertulia sobre a xornada deportiva na que amosa a súa repulsa ante 2 actos de carácter machista e racista que aconteceron na actualidade deportiva.

miércoles, 11 de marzo de 2020

PREMIO AO ALUMNADO DE 5º NO DÍA DA MULLER

Como parte da programación para conmemorar o Día da Muller, o salón de plenos do Concello acolleu onte unha homenaxe a Paula Medín 'Alevín' pola súa traxectoria deportiva e pola súa loita en prol da igualdade 🏈.

A súa paixón e dedicación polo rugby levaron a esta cambresa a participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016 🎗.

O acto serviu, así mesmo, para premiar 🏆 ao alumnado de 5º de Primaria do noso centro pola súa campaña "A educación, a arma máis poderosa para cambiar o mundo", Video realizado polo día contra a violencia de xénero.




martes, 5 de noviembre de 2019

A NOSA CATUXA E O MOUCHO XUNTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE


Trinketrinke Teatro
O Moucho Leroucho cumpre 25 anos visitando as bibliotecas de Cambre e o celebra o martes 5 ás 18:30 na biblioteca Os Templarios, o día 6 na de Cambre ás 17:30, o 8 novamente nos Templarios ás 17:30 e 18:30 e o día 9 na Xabier P. Docampo da Barcala ás 17:30 h.
O seu amigo o rato Pillo (Juanillo Esteban) tenlle unha sorpresa preparada. Ademais o Moucho estará acompañado da súa nova amiga a Curuxa Catuxa (Nadia AlHariri) a quen coñeceu na biblioteca do CEIP O Graxal de Cambre.
Graciñas ao concello de Cambre por todos estes anos contando connosco e en especial á directora das súas bibliotecas Ángeles Roca, creadora do personaxe. Graciñas ás profes e ao alumnado do CEIP O Graxal, creadoras-es da Curuxa Catuxa!

miércoles, 13 de mayo de 2015

CORRELINGUA 2015

A Coruña


Mañá xoves día 14 os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil e 1º e 3º de Ed. Primaria participaran no Correlingua que terá lugar na Coruña.

domingo, 29 de marzo de 2015

II CONCURSO MARCAPÁXINAS, DÍA DO LIBRO DA LIBRARÍA SANTOS OCHOA

UNHA DAS LIBRARIAS DA CORUÑA CELEBRA O II CONCURSO DE MARCAPÁXINAS POLO DÍA DO LIBRO E ALGÚNS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º NON QUIXERON PERDER A OCASIÓN DE PARTICIPAR. AQUI TEDES ALGÚNS DOS MODELOS QUE FIXERON.

domingo, 16 de noviembre de 2014