domingo, 24 de mayo de 2020

AXENDA2030

No Ceip. P . Graxal estamos moi comprometidos co plan de acción mundial e cos obxectivos da axenda 2030.

Este plan de acción mundial a favor das personas, do planeta e da prosperidade, baséase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), que teñen por obxecto asegurar o progreso social e económico sostible en todo o mundo e fortalecer a paz universal dentro dun concepto máis amplo de liberdade.

Neste poster podedes ver algúns deste ODS no noso centro


Creacións audiovisuais e de radio escolar

Nestes tempos de confinamento está a crecer o espirito creativo en todos nós e estamos a compartir un montón de inicativas audiovisuais e de radioescolar.
Aquí deixámosvos un par de titoriais con TIPS ( trucos) para as vosas creacións.
Tamén aproveitamos para lembrarvos os dereito de autor da música que empregades moito ollo!.


 Preme no enlace para ver a información:
RADIO ESCOLAR DERECHOS DE AUTOR
#axenda2030 #educacióndecalidade

lunes, 18 de mayo de 2020

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS- CURENTENAFEST

Por mor do coronavirus o festival das Letras Galegas tivo que ser suspendido. Os mais pequechos de infantil e as súas familias decidiron facer este videoclip coa canción que tanto ensaiaron coa mestra MJosé de música. Quedou rechulo! Pero coidado a canción pégase na cabeza e non marcha.


#undianacasaunconto. «Mateo»

domingo, 17 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

miércoles, 13 de mayo de 2020

LIBROLANDIA E A OPEN SCIENCE CAMBRE

A Open Science Cambre en colaboración co Concello de Cambre queren achegar a ciencia a través das redes sociais do concello ( facebook, páxina web...). Poren piden a nosa colaboración e a de todos os centros educativos do concello.
Animádevos a participar!
É sinxelo so tedes que gravar un vídeo facendo ciencia en familia, éste vídeo será compartido nas redes sociais co concello de Cambre e tamén no noso blog para que todos dende as suas casas poidan repetilo.
Aquí deixámosvos as bases


Tamén preparamos un cartafol no pinterest de Librolandia con algunhas ideas

https://pin.it/41kigFd

Non esquezas enviar os vídeos a
graxalcoaciencia@gmail.com

#undianacasaunconto : "Un agasallo diferente".


domingo, 10 de mayo de 2020

RADIOCURUXA. PRIMEIRO PROGRAMA!!!

Énchenos de emoción poder presentarvos o primeiro programa de RADIOCURUXA. 
Un programa no que participan rapazas e rapaces de todos os niveis educativos, así como mestres e algún que outro pai e nai. 
Estade moi atentos e agardamos que vos guste. 
Contamos cos vosos comentarios!!



sábado, 9 de mayo de 2020

PRIMICIA!!: SINTONÍA E LOGO GAÑADOR DE RADIOCURUXA

Xa temos sintonía para RADIOCURUXA, aportada pola mestra María José de música,  e novo logo.
Moitas grazas a todos os que participaron, foi unha decisión difícil pero xa temos logo gañador que representará á radio do noso cole.

jueves, 7 de mayo de 2020

NOVA ACTIVIDADE: VIÑETAS DE SERES MÍTICOS GALEGOS

Non nos queremos esquecer do proxecto deste curso de "UN COLE DE LENDAS" por iso nesta actividade teredes que demostrar o que sabedes dos seres míticos galegos , escollendo un e facendo unha viñeta no que se poidan ver as súas características. Tedes información sobre os seres míticos na entrada anterior do blog e tedes un vídeo de Xosé Tomás no que vos da consellos para facer unhas viñetas super chulas.
Agardamos as vosas creacións para publicalas en LIBROLANDIA.

Podedes ver máis vídeos do curso de Xosé Tomás sobre banda deseñada no enlace de aulas galegas que temos na columna esquerda do blog.

INVESTIGAMOS: SERES MÍTICOS

Dende o equipo de Dinamización da lingua Galega fixeron unha enorme labor de recopilación e análise de información sobre seres míticos galegos. Moitos deles estaban sendo obxeto de investigacións nas aulas. Con este traballo preténdese dar unha axuda para continuar co PDI deste curso.