martes, 29 de octubre de 2019

A BRUXA MARUXA

A BRUXA MARUXA CHEGOU HOXE NA SÚA VASOIRA MOTORIZADA A LIBROLANDIA PARA CONTAR UN CONTO DE MEDO E LOGO COA AXUDA DA MAGA ARGALLEIRA FIXERON UN CONXURO PARA QUE DESAPAREZAN TODOS OS MEDOS. REMATAMOS CANTANDO TODOS XUNTOS A CANCIÓN "A BRUXA MARUXA" DE MARÍA FUMAÇA.







https://www.facebook.com/biblio.librolandia.9/videos/172537613929934/

BREAK OUT. SAMAÍN. FORMACIÓN USUARIOS


 


 


 

lunes, 28 de octubre de 2019

Contacontos en Familia

O alumnado de 3° recibíu hoxe á nai e á tía de Noa que viñeron para contar un fermosos conto. Como xa se achega o Samaín, non dúbidaron en vir caracterizadas. 



jueves, 24 de octubre de 2019

Moucho Leroucho

O Moucho Leroucho quixo festexar en LIBROLANDIA o día das Bibliotecas Escolares e estivo cantando e contando contos que fixeron que gozarán grandes e pequenos. 



CURUXA CATUXA

Hoxe a nosa Catuxa estivo voando polas aulas para celebrar o día das Bibliotecas escolares. Levou a todas as aulas as mochilas viaxeiras para que poidan chegar a todas as casas e así poder compartir tempo de lectura en familia.

UN COLE DE LENDAS


miércoles, 23 de octubre de 2019

NOVOS MATERIAIS

Seguimos incorporado novos materiais en LIBROLANDIA. Nesta ocasión engadimos materiais na sección de arte, na de ciencias e na de xeografía.





EXPOSICIÓN SAMAÍN

Xa temos lista a exposición do Samaín, cunha selección de libros.


lunes, 21 de octubre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: "PEDRO CHOSCO" E A FAMILIA DE NICO

A nai e o pai de Nico estiveron na clase dos osiños para falarnos dun ser mítico galego moi coñecido: PEDRO CHOSCO.
 Pedro Chosco é o encargado de facer durmir ós nenos con suaves aloumiños. Pero estes rapaces non se quedaron durmidos, estaban moi atentos escoitando as investigacións desta familia.


CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: XIANA E A SÚA NAI FALAN DAS HERBAS AROMÁTICAS

Xiana de 5º A de Infantil, xunto coa súa nai estiveron investigando sobre as herbas aromáticas e as súas propiedades. Na clase dos osiños, estanse volvendo verdadeiros expertos en
 "plantas meigas".



domingo, 20 de octubre de 2019

Mecanos e construción

Temos grandes expertos en mecanos e construción. Se precisas axuda coas túas creacións non dubides pedirlles axuda.



SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

ESTÁMONOS PREPARANDO PARA CELEBRAR NOS VINDEIROS DÍAS, A SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL. DESDE LIBROLANDIA ACHEGAMOS ESTES RECURSOS, APORTADOS POR BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, PARA FACILITAR A CREACIÓN DE NOVOS MATERIAIS SOBRE O TEMA.



lunes, 14 de octubre de 2019

14 de Outubro DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe festexamos o día das escritoras. Seleccionáronse algunhas das obras que temos en LIBROLANDIA de escritoras galegas e colgáronse parágrafos das súas obras polo corredor. Nas aulas traballáronse os textos e fixéronse lecturas colectivas das obras.