Mostrando entradas con la etiqueta Equilibrio PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Equilibrio PDI. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de junio de 2024

Scratch : Anuncios contra o plástico

 Premede na bandeira verde para ver os anuncios que programaron en Scratch  rapazada de cuarto A e B


Anuncios por un mundo sen plásticos

A rapazada de cuarto A deseña, guioniza, grava, monta e edita unha serie de anuncios contra o plástico. Empregando diferentes trucos de efecto chroma.



                                                




jueves, 6 de junio de 2024

Mercadillo Solidario

 A rapazada de quinto monta un posto na feira de Culleredo para recadar cartos. Co diñeiro recaudado realizaran visitas a diferentes centros escolares da provincia da Coruña para impartir formación.

 Este grupo está ensinando e visibilizando a inclusión do alumando TEA na aula. Son expertos neste campo e ofertan formación aos centros que a demanden.





martes, 14 de mayo de 2024

YaiYoga

A cativada de infantil participa nun obradoiro de Yoga impatido por Yaiyoga.educarconcalma #bibliotecacreativa

viernes, 3 de mayo de 2024

Sen Plásticos Mellor

A rapazada de cuarto A está a levar a cabo un proxecto para reducir os plásticos dun só uso no centro.

 Ao longo destas semanas pasarán polas aulas do centro mostrando o problema dos plásticos para o noso planeta. 

Para por o noso gran de area, e axudar a mellorar o medio ambiente propoñemos á rapazada e familias do cole xeitos ecolóxicos para traer os almorzos en envoltorios reutilizables.

Aquí están as súas presentacións

 

domingo, 28 de abril de 2024

Experto historiador. Moncho Boga

O historiador Moncho Boga visita á rapazada de quinto. Nesta ocasión para ensinarlles o arte románico e gótico do concello.

viernes, 22 de marzo de 2024

Susurradores de poesías

Despedimos a semana e o trimestre cos susurradores de poesía. Nesta ocasión quinto C sae polo barrio para recitar as poesías creadas na instalación.

martes, 19 de marzo de 2024

Os susurradores de poesías

 Os susurradores de poesías pasean polo patio convidando a escoitar fermosas estrofas.

Tamén están a sair polas rúas do Temple facendo participe ao vecindario desta iniciativa.








Día mundial da poesía

 A rapazada segue a pasar pola instalación para participar do ambiente preparado.







lunes, 18 de marzo de 2024

Día mundial da poesía

Durante toda a semana, para celebrar o día mundial da poesía, a rapazada poderá pasar pola biblioteca para participar da instalación VERBAS EN EQUILIBRIO.
Poderán gozar coa proxeción da natureza, nun ambiente sensorial preparado con olor a bosque e sons característicos. Empregarán lanternas para alumear e atopar as verbas agochadas, contodo estarán  convidados a trenzar palabras formando versos e rimas.
Durante o tempo de lecer os susurradores de poesías pasearán polo patio ofrecendo estrofas. Estes susurradores líricos tamén sairán á rúa para recitar ás persoas que estean interesadas.



















SlowFood

A rapazada de cuarto asistiu a unha charla de SlowFood.
Aprenderon a importacia de comer alimentos locais de proximidade. Coñeceron as nosas denominacións de orixe e os alimentos máis característicos da nosa comunidades.





Instalación de ☃️ inverno

 Os mais cativiños do cole están a gozar nesta instalación preparada pola mestra Jeni.

Préstalles moito argallar en todo o espazo preparado. Todo con equilibrio estacional.









miércoles, 20 de diciembre de 2023

Equilibrio no bosque

 É o título da instalación preparada pola mestra Jeni para o alumnado de 4°EI.

Unha pasada de equilibrio no bosque.





miércoles, 29 de noviembre de 2023

Podcast : O Equilibrio escolar

 A rapazada de cuarto A a través das ondas dannos consellos para ter un bo equilibrio escolar.

Escoitanos en Radio Curuxa.