jueves, 18 de junio de 2020

GRAZAS POR TANTO

A comunidades educativas do Ceip. P . Graxal quere darvos as grazas polo apoio recibido ao longo destes momentos tan complicados.


lunes, 15 de junio de 2020

LECTURAS FEITICEIRAS PARA AS NOITES MEIGAS. RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Non queremos rematar o curso sen as nosas recomendacións de lecturas e xogos para o verán. Nesta ocasión cambiamos o formato do tríptico, xa que non vai ser entregado en papel, por un póster interactivo onde ao pulsar cada libro podedes ver máis información sobre o mesmo. O póster fai alusión ao Proxecto que traballamos este ano no centro 
"Un cole de lendas". 
Non vos esquezades das librarias do barrio para as vosas compras.

jueves, 4 de junio de 2020

RADIOCURUXA 3º PROGRAMA: "AS PEGADAS DE 6º NO GRAXAL"

Xa temos novo programa en Radiocuruxa. 
Nesta ocasión o alumnado de 6º A conta a súa experiencia no centro durante todos estes anos e amosan as súas inquedanzas cara a nova etapa educativa. No programa tamén se poderá escoitar unha entrevista e remata cunha fermosísima canción que nos presenta Daniel Andrade Gude que foi creada pola súa familia.
Aquí tedes o enlace ao vídeo da canción.

LENDAS NAS VOCES DO ALUMNADO DE 5º


O alumnado de 5º está facendo unha recollida de lendas  e estanas a compartir a través do blogue que teñen "SORRISOS DE CARAMELO". 
Aquí recóllense uns enlaces para que poidades escoitar os seus traballos.















#undianacasaunconto. Las jirafas no pueden bailar