martes, 17 de diciembre de 2019

VISITA LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas estivo hoxe en LIBROLANDIA co alumnado de 5°. A biblioteca aínda non está a pleno rendimiento despois das obras de colocación de tarima no chan pero puidemos gozar coas anécdotas de Ledicia. Todos quedaron encantados e a espera da publicación da segunda parte da "Señorita Bubble" que lles prometeu.



miércoles, 11 de diciembre de 2019

Obras en LIBROLANDIA

Temos a biblioteca patas para arriba e os rapaces hoxe non pararon de axudar a mover libros, caixas, mesas, caderas... 
Estamos desexando ver que tal queda todo. 


martes, 10 de diciembre de 2019

OBRAS EN LIBROLANDIA

A nosa biblioteca está pechada por obras. Imos facerlle un lavado de cara e mellorar a sinalización e organización dos fondos. Os nosos colaboradores están traballando arreo xunto co equipo de biblioteca para preparar todo para comenzar o ano cunha nova LIBROLANDIA. 




lunes, 9 de diciembre de 2019

sábado, 7 de diciembre de 2019

TEATRO ESCOLAR: O ZAMPÓN

Alumnas e alumnos de 5º representaron este xoves "O Zampón", a historia dun ser mítico galego. Foi moito o alumnado que non se quixo perder esta obra sobre a temática do noso PDI "UN COLE DE LENDAS"




NOVIDADES DECEMBRO






jueves, 5 de diciembre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: MARCO E A SÚA NAI INVESTIGAN SOBRE O ACIVRO

Outra das "plantas meigas" que xa coñecen os osiños é o acivro, grazas as investigacións que fixeron Marco xunto coa súa nai, e que non dubidaron en compartir con toda a clase.



miércoles, 4 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS: ALUMNADO DE 3ºA

O ALUMNADO DE 3º A FIXO VARIAS INVESTIGACIÓNS EN GRUPOS COOPERATIVOS SOBRE DISTINTOS TEMAS DE CIENCIAS. TRABALLARON NA AULA E DESPOIS COMPARTIRON AS SÚAS INVESTIGACIÓNS CO RESTO DO ALUMNADO EN VARIAS SESIÓNS QUE SE FIXERON NA AULA DE CRISTAL NA HORA DO RECREO.