jueves, 27 de febrero de 2020

Radio na escola

Para o noso pesar non recibiremos formación ata finais de marzo. De momento imos fozando e facendo pequenas probas.

lunes, 24 de febrero de 2020

PLANTAS DE LENDA

Nestes meses estivemos a investigar sobre as plantas, herbas e árbores con lenda. Cada aula fíxose experta de alomenos dúas especies. Con toda  a información e aportación das aulas  e das familias, o equipo de normalización lingüística realizou esta marabillosa exposición.
Axenda 2030: vida de ecosistemas terrestres.

24 FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Festexamos esta data tan sinalada facendo recitados e lectura das verbas de Rosalía de Castro.
Aquí tedes unha mostra.



jueves, 20 de febrero de 2020

OBRADOIRO IMPROVISADO CIRCUITOS ELECTRÓNICOS

Que ganas teñen de aprender? Soamente fixo falta dicir  "Alguén quere participar nun Obradoiro? " para que se sentaran ao carón dunha mesa. Circuitos electrónicos con leds. 





miércoles, 19 de febrero de 2020

SABELA GAGO CO ALUMNADO DE 4°

Onte o alumnado de 4° de primaria pasou un rato estupendo coa actriz SABELA GAGO. Un contacontos cheo de aventuras e diversión.



Un cole de lenda

O persoal de actividades extraescolares é unha parte importante da nosa comunidade educativa e participa activamente no pdi : un cole de lenda


martes, 18 de febrero de 2020

lunes, 17 de febrero de 2020

Radio na escola

Están a montar a radio! Que emoción!
O profesorado está a recoller as ideas do noso alumnado para darlle un nome a nosa radio. Vos tamén podedes colaborar enviándonos un correo electrónico coas vosas chegar .
Axenda 2030: educación de calidade



martes, 11 de febrero de 2020

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Celebramos o día da muller e a nena na ciencia con diversas actividades:
  • Taboleiro e xogo para o escornabot. É un xogo cooperativo no que poden participar ata 12 xogadores. Collen unha tarxeta na que aparece unha científica galega, se conseguen chegar co escornabot ao cadro no que está a foto desa científica dunha sola vez ponderan ler a información da tarxeta sobre a científica e conseguir a tarxeta. Entre todos os miembros do equipo teñen que conseguir todas as tarxetas. 
  • Exposición de libros e de fotografías de mulleres científicas galegas. 
  • Traballos de investigación do alumnado de 3°de primaria e representación dos seus traballos. 
Axenda 2030 pola igualdade de xénero.






viernes, 7 de febrero de 2020

FORMACIÓN DO ALUMNADO DE 3°


Hoxe foron os alumnos de 3°os que fixeron a formación de usuarios. 

CONTACONTOS NO ENGLISH CORNER

A "teacher" Mariluz estivo hoxe na hora do recreo no English corner contando contos en inglés. As rapazas que alí estiveron gozaron escoitando e cantando. 

jueves, 6 de febrero de 2020

PLANTAS MEIGAS: IRENE XUNTO COA SÚA NAI

Os pequenos de 5°de Infantil continúan sobre o seu proxecto sobre PLANTAS MEIGAS, nesta ocasión, Irene xunto coa súa nai, foron a aula dos osiños para amosarlles as súas investigacións sobre a NÉBEDA.




CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN.

Participamos por segundo ano na #carreirasolidaria #savethechildre no #ceipgraxal. Entre todos tentamos conseguir un dos obxetivos da AXENDA 2030, contribuir ao fin da pobreza e fame cero.
. Éste ano como novidade ofertouse ás familias a posibilidade de participar nesta gran e solidaria iniciativa #familiaescola #bibliotecasescolaresdegalicia #bibliotecasolidaria

martes, 4 de febrero de 2020

FORMACIÓN DO ALUMNADO

Onte tivemos formación do profesorado e hoxe algúns xa subiron á biblioteca a transmitir o qué aprenderon aos seus alumnos. 
Carreras de escornabots

Representamos unha poesía na mesa de luz. 

Creamos un circuito electrónico para acender unha luz. 

Relacionamos as miniaturas do corpo humano, co seu nome e a súa foto e buscamos información sobre eles. 

Aprenden o significado dos "tejuelos" para buscar e colocar os libros.