domingo, 31 de enero de 2021

2 DE FEBREIRO DÍA DA CANDELORIA. REFRÁNS GALEGOS

 A importancia desta data na tradición Galega pódese ver nos numerosos refráns que fan referencia á CANDELORIA. Aquí tedes unha pequena escolma, así como unhas manualidades feitas polos máis pequenos do cole e unha pequena representación teatral do alumnado de 4º A.


Actividade feita polos pequenos de 3 anos da "voda dos paxariños".


2 de FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA. AVES DE CAMBRE

 Inmersos no PDI de este curso "GALICIA EN RUTA, ANDAINA GALEGA" facémonos eco dalgunhas das tradicións da nosa cultura Galega.  A CANDELORIA, data na que os paxariños casan. 

O DÍA DO AMOR DE GALICIA.

Achegamos este xogo no que pódese descubrir información sobre as aves que viven no noso concello, tanto arredor do rio Mero como na Ría do Burgo no seu paso por Cambre.




sábado, 30 de enero de 2021

FORMACIÓN DE RADIO PARA O ALUMNADO DE 5º A CON REDE ESPORA

Onte o alumnado de 5ºA, xunto coa súa titora Laura, participaron nun obradoiro de formación de radio ofrecido polo equipo de REDE ESPORA.  Descubriron cales son as partes que debe ter un programa de radio, como se debe falar, de que temas se pode tratar, investigaron... e co que máis gozaron foi gravando na radio distintos podcast por equipos.
 






 


30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN. (IMPRESIÓN 3D, RADIO, COOPERACIÓN , CREACIÓN...)

Para o Día da Paz, fíxose na impresora 3D un corta pasta con forma de pomba para cada unha das clases de infantil cos que prepararon unhas fermosas manualidades para conmemorar esta data.

 
Todo o alumnado do centro debuxou unha fada lembrando o cadro "As fadas do caracol", da artista galega a quen se lle dedica este ano o día da ilustración, Lolita Díaz Baliño. Con todas "as fadas da Paz" creouse un gran arco da vella no que cada cor se asocia a unhas actitudes positivas que nos axuden entre todos a conseguir a Paz.







Nalgunhas aulas tamén estiveron traballando á artista e en especial a obra que se atopa no Museo de Belas Artes  de A Coruña, "As fadas do caracol".


Por último, Martín, Pablo, Mateo e Roi, colaboradores da biblioteca de 6º gravaron un podcast  na radio sobre a vida da artista Lolita Díaz Baliño. Tivemos uns problemas técnicos con dous micros polo que non se escoita moi ben pero nesta semana trataremos de corrixir este erro.

sábado, 16 de enero de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO. RECOMPILACIÓN DOS CONTOS

 Recompilamos neste calendario de advento todos os contos que se foron publicando en Librolandia na conta atrás cara o Nadal. Queremos dar as grazas a todas as persoas, (familias, persoal non docente, mestras, alumnado...) por participar neste proxecto e desexámosvos un FELIZ ANO para todas e todos.

NOVIDADES XANEIRO