lunes, 18 de marzo de 2024

Día mundial da poesía

Durante toda a semana, para celebrar o día mundial da poesía, a rapazada poderá pasar pola biblioteca para participar da instalación VERBAS EN EQUILIBRIO.
Poderán gozar coa proxeción da natureza, nun ambiente sensorial preparado con olor a bosque e sons característicos. Empregarán lanternas para alumear e atopar as verbas agochadas, contodo estarán  convidados a trenzar palabras formando versos e rimas.
Durante o tempo de lecer os susurradores de poesías pasearán polo patio ofrecendo estrofas. Estes susurradores líricos tamén sairán á rúa para recitar ás persoas que estean interesadas.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario