jueves, 14 de febrero de 2019

14 de FEBREIRO, DÍA DOS NAMORADOS.

A nosa marabillosa Lidia transformouse en Titiritesa para contarlle ao alumnado de Primaria unha fermosa historia de amor. 

viernes, 8 de febrero de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: SANTI E A SÚA NAI FACENDO UN OBRADOIRO DE PREHISTORIA

SANTI VEU ACOMPAÑADO DA SÚA NAI PARA FACER COAS CLASES DOS DINOS E OS CAVERNÍCOLAS UN OBRADOIRO SOBRE A PREHISTORIA. FIXERON FLECHAS, COLARES CON ELEMENTOS PREHISTÓRICOS, ENSINARON  COMO FACÍAN LUME E TROUXERON UNHA COVA PREHISTÓRICA .
 PASARON UNHA XORNADA ESTUPENDA.
"CONSTRUÍNDO COÑECEMENTOS, HISTORIA E DIVERSIÓN EN FAMILIA"

VENRES CONTACONTOS: "YO VOY CONMIGO"


sábado, 2 de febrero de 2019

CASTELAO POLA PAZ. 30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN E DÍA DA PAZ.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro e o equipo de Librolandia propuséronlle aos titores traballar o día da ilustración xunto co día da Paz.  Nunha selección de ilustracións de Castelao as nenas e nenos  (de todos os niveis de infantil e primaria) tiveron que poñerlles textos relacionados coa PAZ. 










En Educación Física tamén traballamos pola PAZ

Os mestres de Educación Física estiveron traballando con todo o alumnado de Primaria intentando que se puxeran na pel daquelas persoas que se atopan no medio dun conflito bélico e teñen que fuxir para protexer a vida dos seus. Con esta actividade tamén traballaron o tema do PDI proposto pola biblioteca realizando construccións de refuxios. Axenda 2030 polo fin da pobreza.







YO VOY CONMIGO.

O alumnado de 4°de Primaria con motivo do día da Paz, estiveron traballando co libro " Yo voy conmigo", xa que como din eles: "A MELLOR MANEIRA DE ACEPTAR AOS DEMÁIS, EMPEZÁ ACEPTÁNDOSE A UN MESMO".