lunes, 11 de marzo de 2019

domingo, 10 de marzo de 2019

Construíndo no entroido!!!

O tema do PDI do cole este ano é "CONSTRUÍMOS". Cada aula está traballando sobre unha construción que aproveitaron para o disfrace de entroido. Así de muíños e horreos saíron panadeiros, de colmeas e alvarizas saíron abellas e apicultores e así moitos máis. Aquí tedes unhas fotos do desfile polo barrio. 

viernes, 8 de marzo de 2019

EXCURSIÓN AO CASTRO DE BORNEIRO E AO DOLMEN DE DOMBATE.

O ALUMNADO DE 6° DE INFANTIL ESTIVO HOXE NO CASTRO DE BORNEIRO E NO DOLMEN DE DOMBATE APRENDENDO MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE ESTAS CONSTRUCIÓNS PARA SEGUIR TRABALLANDO NO PDI DO CENTRO. 





8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

"AS NENAS SERÁN O QUE QUEIRAN SER", AS MULLERES GALEGAS DO NOSO PANEL XA O CONSEGUIRON, E AS NENAS DO NOSO CENTRO DEIXARON VOAR  CENTOS DE BOLBORETAS COS SEUS SOÑOS DE FUTURO(CIENTÍFICA, BOMBEIRA, PERRUQUEIRA, MESTRA, POLICÍA...) XA QUE ELAS TAMÉN SERÁN O QUE QUEIRAN SER. 




VISITA FINA CASALDERREY

Hoxe estivo en LIBROLANDIA Fina Casalderrey co alumnado de 3°de Primaria.