A Curuxa Catuxa preséntavos o novo blog de Librolandia, a biblioteca do Ceip Graxal, no que poderedes ver actividades, videos, contos e moitas máis cousas realizadas na biblioteca.
Hoxe recibimos un agasallo da Asesoría de bibliotecas Escolares polas actividades que realizamos para celebrar o Día das Artes Galegas adicada a SEOANE.
O martes 23 de abril celebraremos o DÍA DO LIBRO cunha actividade de Bookcroosing "Intercambio de libros" .O alumnado, entre hoxe e mañá poderá traer algún libro da súa casa para intercambiar por outro. O intercambio realizarase o Día 23.
JENNY E IRENE, INVITARON HOXE AO RESPONSABLE DO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE CAMBRE PARA QUE LLES EXPLICARÁ AOS PEQUENOS COMO VIVÍAN OS ROMANOS E QUE É O QUE PODEMOS ATOPAR NO MUSEO. MONCHO SORPRENDEUSE DO MOITO QUE XA SABEN ESTAS RAPAZAS E RAPACES DA ÉPOCA DOS ROMANOS.
Damián estivo hoxe acompañando ao seu irmán Hugo, para axudarlle a explicar aos seus compañeiros o que investigaron sobre a Pena da nosa Señora. Foi moi divertido
escoitar as súas anécdotas e aprender máis información sobre o noso proxecto.
Emma e Carolina da FAXPG estiveron hoxe en LIBROLANDIA facendo un contacontos para o alumnado de Infantil. "Unha casa a medida" é o título do contó, unha historia que fala das construcións, das barreiras arquitectónicas, da inclusión e sobre todo do AMOR.