miércoles, 23 de octubre de 2019

lunes, 21 de octubre de 2019

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: "PEDRO CHOSCO" E A FAMILIA DE NICO

A nai e o pai de Nico estiveron na clase dos osiños para falarnos dun ser mítico galego moi coñecido: PEDRO CHOSCO.
 Pedro Chosco é o encargado de facer durmir ós nenos con suaves aloumiños. Pero estes rapaces non se quedaron durmidos, estaban moi atentos escoitando as investigacións desta familia.


CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: XIANA E A SÚA NAI FALAN DAS HERBAS AROMÁTICAS

Xiana de 5º A de Infantil, xunto coa súa nai estiveron investigando sobre as herbas aromáticas e as súas propiedades. Na clase dos osiños, estanse volvendo verdadeiros expertos en
 "plantas meigas".



domingo, 20 de octubre de 2019

Mecanos e construción

Temos grandes expertos en mecanos e construción. Se precisas axuda coas túas creacións non dubides pedirlles axuda.



SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

ESTÁMONOS PREPARANDO PARA CELEBRAR NOS VINDEIROS DÍAS, A SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL. DESDE LIBROLANDIA ACHEGAMOS ESTES RECURSOS, APORTADOS POR BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, PARA FACILITAR A CREACIÓN DE NOVOS MATERIAIS SOBRE O TEMA.



lunes, 14 de octubre de 2019

14 de Outubro DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe festexamos o día das escritoras. Seleccionáronse algunhas das obras que temos en LIBROLANDIA de escritoras galegas e colgáronse parágrafos das súas obras polo corredor. Nas aulas traballáronse os textos e fixéronse lecturas colectivas das obras.