martes, 4 de febrero de 2020

CONSTRUÍNDO EN FAMILIA: AS FADAS POR ERIK E A SÚA NAI

Erik xunto coa súa nai estiveron amosando aos compañeiros de 5°de Infantil, a súa investigación sobre as fadas. O panel de seres míticos vaise enchendo grazas á participación das familias. 







viernes, 31 de enero de 2020

XUNTOS CONSTRUÍMOS A PAZ

O alumnado de 3° preparou este video no que explican como se ten que construir a Paz no seu día a día. Están feitos uns actores e actrices!!. 
axenda 2030: Paz xustiza e institucións solidarias.

jueves, 30 de enero de 2020

FEITIZOS DE PAZ

Hoxe tíñamos programada unha carreira solidaria a favor da ONG SAVE THE CHILDREN. Por mor da chuvia tivemos que aplazala pero xa temos a punto os dorsais para cando o tempo nos de unha tregua. 
Exposición de libros sobre a Paz. 


ILUSTRACIÓNS POLA PAZ

Para festexar o día da Paz e da Ilustración quixemos empregar unha selección de viñetas do ilustrador galego Luis Davila. Escollimos este ilustrador polo seu humor e pola escolma de viñetas que se poden relacionar co noso PDI "UN COLE DE LENDAS".  O alumnado tiña que poñerlles cor as ilustracións e poñerlles texto que nos fagan lembrar que precisamos un mundo de Paz. 
As ILUSTRACIÓNS POLA PAZ xa están enchendo todos os recuncho do centro. 













martes, 28 de enero de 2020

Exposición dos libros para o proxecto : un cole de lendas







Estrenamos un novo espazo en bibliolibrolandia. Un espazo para múltiples actividades dende buscas de información, traballo cooperativo, emprego de portátiles, materiais creativos...

domingo, 26 de enero de 2020

LECTURAS DE PLENA ACTUALIDADE

No pasado mes de decembro, a prensa publicou varios artigos nos que se fala de dous libros que este ano o alumnado de 5°de Primaria está lendo.
A señorita Bubble de Ledicia Costas.

PIPPI MEDIASLONGAS

AXENDA 2030 EN LIBROLANDIA.

En Librolandia valoramos a importancia dos obxectivos de desenvolvemento sustentable da AXENDA 2030. Fomentaremos actividades dirixidas á consecución dos mesmos. 
Neste caso, Aldara, alumna de 2°, estivo na clase do seu irmán Fabio en 4°de Infantil para ensinarlles como funciona a calefacción de pellets e como son estes.