A Curuxa Catuxa preséntavos o novo blog de Librolandia, a biblioteca do Ceip Graxal, no que poderedes ver actividades, videos, contos e moitas máis cousas realizadas na biblioteca.
A continuación tedes un pequeno vídeo con diapositivas de ARASAAC no que nos axudan a comprender o autismo.
Neste pequeno vídeo podedes ver unha pequena selección de libros sobre o tema do autismo e de libros que facilitan o acceso á literatura do alumnado con TEA.
O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2020, homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense. Unha das súas obras máis representativas é a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela. Seguindo o tema do noso PDI,"UN COLE DE LENDAS" imos coñecer algunhas das lendas que xiran en torno desta obra arquitectónica.